Ficha biblioteca

Nova Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á policía local xa poden contratar aos auxiliares
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/06/2019 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoConcurso/oposición ColectivosEntidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Un total de 37 concellos delegaron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o proceso de selección de candidatos para 155 prazas de auxiliares
Detalles contido
Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á policía local xa poden contratar aos auxiliares Un total de 37 concellos delegaron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o proceso de selección de candidatos para 155 prazas de auxiliares
12/06/2019|Xunta

Os 37 concellos que delegaron na Xunta as súas competencias para acometer o proceso de selección de auxiliares de policía local xa poden contratar aos candidatos que pasaron as probas e realizaron o curso de capacitación. En total, a través desta vía cubriranse un total de 155 prazas, que foron as vacantes comunicadas polas propias entidades locais.

Durante o mes pasado, realizáronse as probas físicas e teóricas. As persoas que as superaron, participaron durante os pasados días nun curso de carácter obrigatorio no que abordaron materias como o dereito procesual-penal, policía administrativa, ética e principios básicos de actuación, primeiros auxilios, seguridade viaria e regulación de tráfico.

Logo de rematar esta formación, os candidatos procederon estes días á elección de destinos, polo que os concellos xa poden proceder á súa contratación. Cómpre destacar, ademais, que hai confeccionada unha lista de reservas, polo que se poden cubrir todas as prazas aínda que haxa renuncias.

No mes de abril publicouse a convocatoria do segundo proceso unitario para a selección de postos de auxiliares de policía local, proceso que remata coa adxudicación definitiva de ditos postos. Os concellos diferentes son A Cañiza, A Estrada, A Fonsagrada, A Guarda, A Illa de Arousa, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Barbadas, Bergondo, Betanzos, Bueu, Cangas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Marín, Meaño, Melide, Negreira, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, O Grove, Oleiros, Ortigueira, Poio, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Sarria, Soutomaior. Tomiño, Valdoviño, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia.

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar