Ficha biblioteca

Nova Máis de trinta e cinco concellos participan na campaña da Deputación da Coruña “Liberdade de Ser e Sentir!”
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación18/06/2019 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Igualdade Tipo de contidoNovas, Campañas e publicidade ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición A área de Igualdade promove a visibilización da comunidade LGTBQI+ na conmemoración do Día do Orgullo
Detalles contido
Máis de trinta e cinco concellos participan na campaña da Deputación da Coruña “Liberdade de Ser e Sentir!” A área de Igualdade promove a visibilización da comunidade LGTBQI+ na conmemoración do Día do Orgullo
18/06/2019|Deputación da Coruña

Con motivo do 28 de xuño "día da diversidade sexual", desde a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña impúlsase a campaña "Liberdade de ser e sentir!", para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero

A campaña comezará desde hoxe e circulará polas redes co cancelo #seresentir apostando, segundo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin ,por "unha campaña que estará presente en 39 concellos da provincia e coa que buscamos a complicidade, a colaboración e o aproveitamento da mesma por parte dos distintos concellos para chegar a canta máis poboación mellor"

A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña. O lema "liberdade de ser e sentir!" quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña: Ames, Arteixo, Arzúa, A Pobra do Caramiñal, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Culleredo, Fene, Fisterra, Laxe, Lousame, Moeche, Narón, Noia, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Rois, San Sadurniño, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior e Vimianzo.

Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+. Tal e como mencionou Goretti Sanmartin "insistindo con esta campaña sobre os dereitos conquistados ao longo de décadas de traballo, dereitos que poden perderse moi rapidamente, polo que precisamos estar todos os días na rúa, e amparando desde as institucións a permanencia de dereitos básicos e dos principios de liberdade".

No marco desta campaña os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeira delas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo The Tetas' Van no Hall do Teatro Colón.

Para máis información: www.seresentir.gal

Temas:Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Igualdade
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido