Ficha biblioteca

Nova Xunta e Fegamp avanzan no acordo para fixar os horarios dos establecementos, espectáculos públicos e actividades recreativas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/07/2019 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Espectáculos Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsVicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuníronse co presidente da Fegamp, Alfredo García
Detalles contido
Xunta e Fegamp avanzan no acordo para fixar os horarios dos establecementos, espectáculos públicos e actividades recreativas O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuníronse co presidente da Fegamp, Alfredo García
12/07/2019|Xunta

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuníronse hoxe co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, para seguir avanzando no consenso ao redor da que será a nova orde de horarios dos establecementos, espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

A nova orde de horarios fixará uns límites moi similares aos que existen na actualidade e ademais establecerá que os concellos terán a facultade de ampliar ou reducir de forma extrarordinaria eses horarios xerais, tal e como xa se establecía na nova Lei de espectáculos, que entrou en vigor o pasado ano.

Actualmente, é a Xunta a que autoriza as ampliacións extraordinarias de horario, previo informe de concello. Cando se aprobe a nova orde de horarios, e seguindo o xa establecido na Lei, os concellos serán os encargados de realizar estas autorizacións extraordinarias, de xeito que se simplificará o trámite e se outorgará esta competencia ás administracións locais, que son as mellores coñecedoras das particularidades da actividade municipal.

O obxectivo da Xunta é acadar o máximo consenso ao redor desta orde. Por iso, ademais da reunión de hoxe coa Fegamp, o futuro texto tamén se está debatendo paralelamente en dous grupos de traballo (o de espectáculos públicos e de actividades recreativas) para cerrar a orde definitiva. A previsión é que estea lista antes das festas do Nadal.

Ademais da orde de horarios que se abordou hoxe na reunión, a Xunta está a traballar tamén noutros desenvolvemento normativos relativos á Lei de espectáculos. En concreto, xa está avanzada a tramitación do proxecto de decreto do novo Catálogo de espectáculos públicos, que regula e organiza as distintas actividades e elimina categorías, como os tablaos flamencos, con escasa incidencia ou que se poden encadrar noutras tipoloxías xa existentes.

Temas:Administración local, Espectáculos
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar