Ficha biblioteca

Nova A Xunta colabora coas entidades locais galegas para a contratación de 40 mulleres vítimas da violencia de xénero
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/07/2019 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Muller e igualdade Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosEntidades locais, Mulleres OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Contan con axudas os concellos de Mos, Ponteareas e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra; O Barco de Valdeorras, Verín e Allariz, na provincia de Ourense; e O Valadouro, na provincia de Lugo
Detalles contido
A Xunta colabora coas entidades locais galegas para a contratación de 40 mulleres vítimas da violencia de xénero Contan con axudas os concellos de Mos, Ponteareas e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra; O Barco de Valdeorras, Verín e Allariz, na provincia de Ourense; e O Valadouro, na provincia de Lugo
12/07/2019|Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta mañá en Mos á presentación do programa de fomento da contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, polo cal 7 concellos galegos contarán con axudas para contratar a 40 mulleres.

Este programa pioneiro foi posto en marcha este ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A Xunta destina 800.000 euros para estas axudas que teñen como finalidade principal apoiar ás mulleres vítimas da violencia de xénero na súa integración laboral que lles permita unha independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

As entidades locais beneficiarias en Galicia son 7 xa que, ademais do concello de Mos, contan tamén con axudas os concellos de Ponteareas e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra; O Barco de Valdeorras, Verín e Allariz, na provincia de Ourense; e Valadouro, na provincia de Lugo

A contía da subvención é, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional. As contratacións polas cales se conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais e deben ser executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución. A duración dos contratos será como mínimo de 4 meses. 

Temas:Administración local, Emprego, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais, Muller e igualdade
Colectivos:Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar