Ficha biblioteca

Nova Instrucción da Lei de Rehabilitación co obxecto de mellorar a aplicación práctica da nova norma e impulsar a recuperación de inmobles en Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/08/2019 Fontexunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte, Compra, alugamento e rehabilitación de vivenda Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O Goberno galego quere con este documento clarificar que bens, ou elementos, merecen protección; ao tempo que se establecen criterios interpretativos homoxéneos que faciliten aos técnicos a súa aplicación nos trámites de informe das licenzas
Detalles contido
Instrucción da Lei de Rehabilitación co obxecto de mellorar a aplicación práctica da nova norma e impulsar a recuperación de inmobles en Galicia O Goberno galego quere con este documento clarificar que bens, ou elementos, merecen protección; ao tempo que se establecen criterios interpretativos homoxéneos que faciliten aos técnicos a súa aplicación nos trámites de informe das licenzas
14/08/2019|xunta de Galicia
  • O obxectivo é axilizar e simplificar os trámites para aquelas persoas que pretendan levar a cabo unha actuación de rehabilitación, eliminado esixencias non xustificadas para a concesión de licencias
  • Esta instrución non será aplicable a edificios declarados Ben de Interese Cultural (BIC) e catalogados con nivel de protección integral
  • A idea é que á protección cultural dun ben quede establecida normativamente, a través da declaración de ben de interese cultural, de ben catalogado, no plan especial de protección ou no catálogo correspondente; non dependa na súa delimitación de criterios meramente subxectivos

O Diario Oficial de Galicia publica onte a resolución pola que se lle dá publicidade á instrución da Lei de Rehabilitación de Galicia para mellorar a aplicación práctica da primeira norma nesta materia concreta coa que conta a Comunidade galega. Un dos principais fins que persegue o Goberno galego con esta ferramenta (Interpretación para a aplicación das seccións 1ª e 2ª do capítulo V do título I da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia) é potenciar e facilitar a recuperación do patrimonio inmobiliario de Galicia.

En base a este documento, trátase de facilitar a execución práctica das normas de aplicación directa e as determinacións relativas ás licencias directas, é dicir, aquelas que outorga o concello sen necesidade de contar coa autorización previa do departamento competente en materia de patrimonio cultural.

O propósito desta regulación é compaxinar a protección do patrimonio cultural e impulsar e axilizar as actuacións en materia de rehabilitación e rexeneración urbana a todas aquelas entidades ou particulares que desexen levar a cabo unha actuación. Trátase de coordinar as actuacións das diferentes administracións e clarificar a interpretación sobre determinadas cuestións, coa finalidade de outorgar maior seguridade xurídica ao proceso de rehabilitación.

Tanto as normas de aplicación directa como as licencias directas, fixan criterios en función do nivel de protección dun edificio, diferenciando entre protección ambiental ou estrutural, ou de se carecen de protección específica, coa finalidade de que os técnicos que informan das licencias empreguen criterios homoxéneos e unhas normas claras á hora de emitir a correspondente licenza. Esta instrución non será aplicable a edificios declarados Ben de Interese Cultural (BIC) e catalogados con nivel de protección integral, tal e como xa establece a Lei.

Deste xeito, cando as actuacións que non afecten ao envolvente exterior dun edificio ou que consistan en intervencións sobre as carpintarías exteriores, acabados de fachada ou cambios de cuberta -sempre que estas actuacións non afecten aos valores culturais nin aos elementos especificamente protexidos- concederase unha licenza directa.

Tamén se poderá dar licenza directa municipal e, polo tanto, non será necesaria a autorización previa de patrimonio, cando as intervencións se limitan ao interior do edificio e non supoñen ningunha manifestación de cara ao exterior que poida ser percibida dende os espazos públicos ou de uso público; as actuacións sobre as carpinterías exteriores que consistan na pintura, reparación ou reposición da existente sempre que se respecte a solución formal e construtiva e os acabamentos existentes; a reparación ou substitución de cubertas sempre que se repoña ou utilice como material de cubrición o mesmo material tradicional existente, se este é coherente coa tradición da área xeográfica en que se atopa o inmoble.

Asemade concederase unha licenza directa cando se pretenda levar a cabo unha actuación de pintura das fachadas e das carpintarías exteriores na mesma cor existente, sempre que esta sexa coherente coa tradición da área xeográfica en que se atope o inmoble ou se axuste aos criterios de cor que se poidan definir ou orientar dende a Xunta de Galicia.

Por último, será obxecto dunha licencia municipal a reparación ou substitución de revestimentos, sempre que se manteña a solución formal e construtiva existente, así como as súas cores e acabamentos. Non se aplicará este criterio ao mantemento de materiais construtivos deseñados para empregarse revestidos e que permanezan vistos ou sen rematar como as fábricas de bloque de formigón.

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte, Compra, alugamento e rehabilitación de vivenda
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Enviar