Ficha biblioteca

Nova 70 mulleres da provincia comezan esta semana accións formativas do programa Conectadas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación21/10/2019 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Ensino e formación, Promoción e prevención da saúde Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais, Mulleres OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en catro concellos pontevedreses: Lalín, Vigo, Salceda de Caselas e Fornelos de Montes
Detalles contido
70 mulleres da provincia comezan esta semana accións formativas do programa Conectadas Os obradoiros de igualdade da Deputación de Pontevedra serán desenvolvidos en catro concellos pontevedreses: Lalín, Vigo, Salceda de Caselas e Fornelos de Montes
21/10/2019|Deputación de Pontevedra

O programa da Deputación de Pontevedra "Conectadas" 2019 continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, Entre este luns 21 e o 24 de outubro comezan catro novos obradoiros nos que participarán un total de 69 mulleres pertencentes a asociacións de catro concellos pontevedreses.

Máis polo miúdo, 16 mulleres de Lalín participarán na acción formativa Reciclaxe. Medio Ambiente, organizada pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Busto. O curso comezará este luns 21 de outubro, desenvolverase ata o 13 de xaneiro no Local Social de Busto e terá lugar os luns, de 15:00 a 18:00 horas.

A Asociación de Mujeres de Cabral Rosalía de Castro levará a cabo un obradoiro Iniciación ao Parchwork na que participarán 15 mulleres do concello de Vigo. Este curso, que comezará o martes 22 de outubro, terá lugar os martes de 18:00 a 20:30 horas en Cabral (avenida Santa Mariña, 95) e rematará o 21 de xaneiro de 2020.

En Fornelos de Montes, 23 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais A Xuntanza de Fornelos de Montes comezan o 24 de outubro a acción formativa Ximnasia de Mantemento, que terá lugar os xoves, de 18:30 a 20:30 horas, no Multiusos de Fornelos de Montes ata o 13 de febreiro.

Por último, tamén o día 24 comeza en Salceda de Caselas un curso denominado Coidados, Dependencia II, ó que acudirán un total de 15 persoas da Asociación de Veciños de Caselas. Esta acción terá lugar os xoves, de 18:00 a 22:00 horas, no local da asociación e rematará desde o 19 de decembro.

"Conectadas" 2019 é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Ademais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

Temas:Administración dixital, Ensino e formación, Promoción e prevención da saúde
Colectivos:Entidades locais, Mulleres
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido