Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra publica as bases de Depotermal 2020 e abre o prazo de solicitudes para os concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/02/2020 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Maiores, Promoción e prevención da saúde Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Imaxe do contido
Descrición O Goberno provincial destinará este ano case 130.000 euros a impulsar este programa, que potencia o envellecemento activo e dinamiza a economía da provincia
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra publica as bases de Depotermal 2020 e abre o prazo de solicitudes para os concellos O Goberno provincial destinará este ano case 130.000 euros a impulsar este programa, que potencia o envellecemento activo e dinamiza a economía da provincia
13/02/2020|Deputación de Pontevedra

Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as bases reguladoras do programa "Depotermal" 2020 que, este ano, conta cun orzamento de 128.667,84 euros. Nesta nova edición do programa de termalismo a Deputación ofrece case 4.500 prazas, das cales 434 están reservadas a persoas en situación ou con risco de exclusión social.

Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse a este programa de termalismo mediante a solicitude de adhesión dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos e o prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOPPO, que tivo lugar o martes 11 de febreiro.

Unha vez publicada a lista de concellos adheridos no BOPPO e na páxina web da institución comezará o prazo de presentación de solicitudes das persoas beneficiarias, que será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á devandita publicación. Estas solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede dixital da Deputación de Pontevedra. Poderán beneficiarse de "Depotermal" 2020 todas as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra nacidas antes do 1 de xaneiro de 1970, e tamén aquelas nacidas con posterioridade que sexan pensionistas, teñan un recoñecemento do grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65 % ou  precisen dun respiro familiar.

Este ano "Depotermal" 2020 oferta 4.434 prazas distribuídas en dúas modalidades: a modalidade de asistencia diaria aos establecementos termais durante cinco días consecutivos e a modalidade de pernoita, con pensión completa. Para a primeira, a Deputación de Pontevedra ofrece 1.248 prazas, das cales 248 (4 por cada concello adherido ao programa) resérvanse a persoas en situación ou con risco de exclusión social. Para o réxime de pernoita con pensión completa, o Goberno provincial ofrece 3.186 prazas, e 186 (3 por concello) resérvanse a persoas en situación ou con risco de exclusión social.

Co programa "Depotermal" 2020 a Deputación de Pontevedra pretende fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores axudándolles a establecer novas relacións sociais, favorecendo a súa participación en actividades que melloren o seu estado anímico e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que lles poidan levar á vulnerabilidade. Ademais, o programa da institución provincial tamén facilita o acceso ao turismo de saúde e dinamiza a economía da provincia ao impulsar a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

Temas:Administración local, Maiores, Promoción e prevención da saúde
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar