Ficha biblioteca

Nova Creación da rede de concellos Ágora polo espazo público e aprobación do seu protocolo de actuación
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/06/2020 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Publicado hoxe no BOP o protocolo de actuación relativo á rede de concellos ágora polo espazo público
Detalles contido
Creación da rede de concellos Ágora polo espazo público e aprobación do seu protocolo de actuación Publicado hoxe no BOP o protocolo de actuación relativo á rede de concellos ágora polo espazo público
30/06/2020|Bop de Pontevedra

Antecedentes e Obxectivo

A Deputación de Pontevedra ven destacándose como unha das administracións referentes a nivel estatal en canto á recuperación do espazo público para as persoas nas súas actuacións na rede viaria provincial.

Para isto, desenvolveu iniciativas como a Ordenanza de Seguridade Viaria, o Decálogo de Criterios de Intervencións nas Estradas Provinciais, o Plan MOVESE, a Guía Básica de Espazos Públicos e Mobilidade Amable, as subvencións aos concellos da provincia para a elaboración de Plans de Mobilidade sustentable e Camiños Escolares Seguros, etc.

Estas liñas de traballo da Deputación de Pontevedra pretenden consolidarse neste mandato exportándose aos concellos a través dunha rede estable de traballo municipal denominada áGORA.

áGORA é unha rede de acción institucional entre concellos e Deputación a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Un dos seus fundamentos é que o espazo público forma parte substancial da vida das persoas como escenario natural das relacións colectivas.

A Deputación de Pontevedra, a través da nova área de Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos, desexa incentivar aos Concellos da provincia a adoptar decisións políticas a prol da recuperación do espazo público para persoas e a utilización das mobilidades naturais, alternativas ás de motor.

O obxectivo é que de aquí a xuño de 2023, os Concellos ágora incrementen de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e ciclabeis.

PRINCIPIOS AGORA

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido