Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Ourense, na Rede de entidades para o desenvolvemento sostible da Axenda 2030
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación30/06/2020 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Cooperación, voluntariado e ONG Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a adhesión da institución provincial á Rede de entidades locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da "Axenda 2030", polo que se compromete a traballar na aprobación dun Plan de Actuación ou Estratexia Local no que se elabore unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030.
Detalles contido
A Deputación de Ourense, na Rede de entidades para o desenvolvemento sostible da Axenda 2030 A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a adhesión da institución provincial á Rede de entidades locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da "Axenda 2030", polo que se compromete a traballar na aprobación dun Plan de Actuación ou Estratexia Local no que se elabore unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030.
30/06/2020|Deputación de Ourense

 Ademais, a Deputación, a través desta adhesión, comprométese a cumprir coas obrigas e exercer os dereitos que se establezan nas normas de funcionamento da Rede, que se aprobarán na Asemblea constitutiva prevista para o vindeiro mes de xullo.

A Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) está formada polos Gobernos Locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas políticas públicas municipais. A actividade desta Rede está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais, permitindo alcanzar mellores resultados na implementación da Axenda 2030 nos municipios, a través da localización e desenvolvemento dos ODS no ámbito local. A Rede ofrecerá, ademais, pautas, información e propostas de actuacións para facer fronte á crise do COVID-19.

Temas:Administración pública, Administración local, Cooperación, voluntariado e ONG
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido