Ficha biblioteca

Nova Medio Ambiente destaca que en menos de catro anos se dispuxeron máis de cen inmobles ao abeiro do programa de rehabilitación de antigas vivendas de mestres
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/09/2020 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións, Concesións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Recorda que este non é o único programa para axudar aos concellos nos proxectos de rehabilitación, xa que contan co Fondo de Cooperación, un préstamos autonómico co que adquirir inmobles e recuperalos
Detalles contido
Medio Ambiente destaca que en menos de catro anos se dispuxeron máis de cen inmobles ao abeiro do programa de rehabilitación de antigas vivendas de mestres Recorda que este non é o único programa para axudar aos concellos nos proxectos de rehabilitación, xa que contan co Fondo de Cooperación, un préstamos autonómico co que adquirir inmobles e recuperalos
16/09/2020|Xunta de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ángeles Vázquez, destacou esta mañá que en menos de catros anos se dispuxeron 125 inmobles, ao abeiro do Programa de rehabilitación de antigas vivendas de mestres, posto en marcha pola Xunta no ano 2017.

A responsable en materia de vivenda visitou esta mañá as oito vivendas rehabilitadas no Concello de Rianxo, que agora o Concello poderá adxudicar entre os veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de vivenda; polo que coa entrada dos inmobles solucionarase o 100% da demanda real actual que existe no termo municipal.

Para a rehabilitación destas vivendas, a Xunta dispuxo un orzamento de case 300.000 euros, que agora se traducen en dispor de oito fogares para senllas familias que acceden a un fogar en alugueiro nunhas condicións moi vantaxosas.

Segundo manifestou a conselleira, este programa -ao que dende a súa posta en marcha se lle ten consignado un orzamento global de máis de catro millóns de euros- cumpre un dobre obxectivo, por unha banda crear ou ampliar o parque de vivenda pública en alugueiro propiedade dos concellos, así como recuperar inmobles que -de non actuar- acabarían abandonados e degradados, pois en ocasións os concellos non dispoñen dos recursos necesarios para acometer este tipo de actuacións.

En definitiva, con este programa a Xunta apoia aos concellos máis pequenos, promove a recuperación do patrimonio construído e pon en valor as vilas galegas, ao tempo que se facilita o acceso a unha vivenda aos galegos.

ángeles Vázquez recordou que esta non é a única das axudas dispoñibles para invitar aos concellos a rehabilitación de inmobles, xa que poden participar no Fondo de Cooperación, un préstamo autonómico que poden empregar para mercar inmobles e rehabilitalos.

Temas:Administración local, Compra, aluguer e rehabilitación de vivenda
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido