Ficha biblioteca

Evento Curso medio de linguaxe administrativa galega
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/02/2021 FonteEGAP
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse cursos de linguaxe administrativa galega. O número de prazas por curso será de 25.
Detalles contido
LugarTeleformación OrganizadorEGAP Política lingüística Datas
DíaHora inicioHora fin
06/09/2021 8:00 22:00
07/11/2021 8:00 22:00
Evento

LO21004 Curso medio de linguaxe administrativa galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

6.9.2021 ao 7.11.2021

10 de novembro

Teleformación

75

6.9.2021 ao 7.11.2021

10 de novembro

Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP , e non serán admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.

b) Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.

c) A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.

e) As persoas solicitantes dun curso na modalidade de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Calquera navegador web actualizado.

– A conta de correo electrónico especificada na solicitude.

– Un micrófono.

f) No caso de que os/as interesados/as necesiten presentar documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (p.ex. discapacidade) para os efectos da selección, poderán remitir á EGAP unha copia do formulario de matrícula e a dita documentación por correo electrónico ao enderezo , sen prexuízo do dereito a súa presentación de acordo co disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá presentarse dentro do prazo a que fai referencia a letra g) desta base.

g) O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido