Ficha biblioteca

Nova A Xunta achega un total de 250.000€ para que 60 concellos galegos elaboren plans de emerxencia ante a seca
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/05/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible, Protección do medio Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio Rural e do Mar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Concederanse axudas de 15.000 euros a cada concello coa fin de financiar o 80% do custo de elaboración do Plan de emerxencia, o que pode completarse con axudas doutras administracións
Detalles contido
A Xunta achega un total de 250.000€ para que 60 concellos galegos elaboren plans de emerxencia ante a seca Concederanse axudas de 15.000 euros a cada concello coa fin de financiar o 80% do custo de elaboración do Plan de emerxencia, o que pode completarse con axudas doutras administracións
04/05/2021|DOG

BDNS (Identif.): 558305.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos responsables dos sistemas de abastecemento á poboación.

Segundo. Obxecto

Bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, para redactar plans de emerxencia ante situacións de seca, e convocar estas subvencións para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

Cuarto. Importe

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €).

O importe das subvencións será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude (imposto sobre o valor engadido incluído), ata esgotar o crédito previsto nesta resolución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Novas relacionada

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible, Protección do medio
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio Rural e do Mar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido