Ficha biblioteca

Nova Ampliación da dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/06/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Oorde pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia
Detalles contido
Ampliación da dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021 Oorde pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia
10/06/2021|DOG

Modifícase parcialmente a asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2021 establecida no artigo 2.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2020 que, ao abeiro do previsto no artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, se destina ao financiamento doutras actuacións do Fondo, redistribuíndo parte do crédito dispoñible no subconcepto 461.1 para incrementar a contía das aplicacións 05.23.141A.461.0 e 761.1 que teñen como destino outras actuacións específicas de protección do ambiente.

Xa que logo, a distribución inicial do Fondo de Compensación Ambiental para 2021 prevista no artigo 2.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2020, nas aplicacións xestionadas pola Dirección Xeral de Administración Local, quedaría distribuída entre 3 aplicacións orzamentarias coa seguinte dotación:

Aplicación orzamentaria

Código proxecto

Importe

Descrición

05.23.141A.461.1

2013 00770

580.000,00 €

Outras actuacións Fondo Compensación Ambiental

05.23.141A.461.0

2015 00168

250.000,00 €

Fondo de Compensación Ambiental (outras actuacións específicas)

05.23.141A.761.1

 

800.000,00 €

Total

1.630.000,00 €

 

 

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021, que se establece nos artigos 2.1.a) e 13 da Orde do 30 de decembro de 2020.

2. O incremento da dotación será de 560.351,39 € na aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e de 1.032.070,61 € na 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

3. A contía máxima das subvencións que se concedan na liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021 queda establecida en 3.300.000,00 €, coa seguinte distribución por aplicacións:

 

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Incremento do crédito

Total

05.23.141A.461.0

778.789,00

560.351,39

1.339.140,39

05.23.141A.761.0

928.789,00

1.032.070,61

1.960.859,61

Total

1.707.578,00

1.592.422,00

3.300.000,00

 

4. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 19.4 da Orde do 30 de decembro de 2020 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido