Ficha biblioteca

Nova A Xunta e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia avanzan no deseño e aplicación do Leader 23-27
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/10/2021 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Os representantes destes grupos debateron tamén a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local
Detalles contido
A Xunta e os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia avanzan no deseño e aplicación do Leader 23-27 Os representantes destes grupos debateron tamén a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local
11/10/2021|Xunta de Galicia

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, presidiu a segunda reunión da Mesa de Coordinación dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia. Este órgano de traballo avanzou na definición e aplicación da medida Leader para o vindeiro período de programación 2023-2027 e no debate sobre a futura convocatoria de axudas para accións preparatorias da vindeira estratexia de desenvolvemento local. No peche desta xornada participaron a presidenta do GDR Galicia Suroeste Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a rexedora municipal de Mos, Nidia Arévalo.
Outro asunto tratado nesta reunión foi a preparación das actividades previstas con motivo do Día en contra da violencia de xénero, que se conmemora o vindeiro 25 de novembro e que se celebrarán baixo o lema “Camiñando contra a violencia de xénero”. Ademais, tamén se impartiu aos representantes dos GDR formación sobre as oportunidades de financiamento para os concellos rurais no marco do Next Generation.

Foro de participación

A Mesa de coordinación dos GDR quedou formalmente constituída o pasado día 24 de agosto. Trátase dun foro de traballo e participación que permite por unha banda abordar temas e propostas de actualidade e por outra tratar procedementos e atender suxestións de cada un dos grupos. Ademais, ten entre os seus obxectivos o de mellorar a visualización do traballo de cada un dos GDR sobre o territorio e a comunicación entre eles.
A maiores, a mesa identificará e canalizará aqueles proxectos que están funcionando nalgún grupo e que teñen capacidade para chegar á totalidade do territorio. Trátase de que sirvan para delimitar estratexias no conxunto de Galicia, co obxectivo de concibir o rural galego como un todo.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido