Ficha biblioteca

Nova A Xunta concede 23 axudas por un importe global de 1,27 millóns de euros para a adquisición de puntos limpos móbiles
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/10/2021 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasMedio ambiente, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O DOG publica hoxe a resolución das subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que benefician a 31 concellos de menos de 3.000 habitantes
Detalles contido
A Xunta concede 23 axudas por un importe global de 1,27 millóns de euros para a adquisición de puntos limpos móbiles O DOG publica hoxe a resolución das subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que benefician a 31 concellos de menos de 3.000 habitantes
11/10/2021|Xunta de Galicia

A Xunta concede un total de 23 axudas por un importe global de 1,27 millóns de euros para facilitar aos concellos galegos a adquisición de puntos limpos móbiles.

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dan a coñecer as subvencións concedidas, que benefician a 31 municipios de menos de 3.000 habitantes. Poden cubrir o 100% do custo da compra do vehículo, con un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual e de ata 100.000 euros para unha agrupación de varios concellos.

Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.

Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.

Así mesmo, con este tipo de incentivos avánzase un paso máis no cumprimento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2020-2022, que outorga prioridade aos concellos de menos de 3.000 habitantes por ser o punto limpo móbil a opción que mellor se adapta as súas características.

Os 23 novos puntos limpos móbiles engadiranse aos 35 adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por un importe de 1,5 M€, que beneficiaron a máis dun cento de concellos.

Cómpre salientar que na actualidade máis de 2,2 millóns de galegos contan cun punto limpo fixo a menos de 10 minutos do seu domicilio, polo que os móbiles aos que se dirixen especificamente estas subvencións veñen a completar a rede autonómica, co fin de que toda a cidadanía poida dispoñer do servizo.

Temas:Medio ambiente, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido