Ficha biblioteca

Nova Ampliación da dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación23/06/2022 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O incremento da dotación será de 834.476,52 €, distribuído entre 368.631,45 € na aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e 465.845,07 € na 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Detalles contido
Ampliación da dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022 O incremento da dotación será de 834.476,52 €, distribuído entre 368.631,45 € na aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e 465.845,07 € na 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
23/06/2022|Xunta de Galicia

ORDE do 14 de xuño de 2022 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022, que se establece nos artigos 2.1.a) e 13 da Orde do 29 de decembro de 2021.

2. O incremento da dotación será de 834.476,52 €, distribuído entre 368.631,45 € na aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e 465.845,07 € na 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

3. A contía máxima das subvencións que se concedan na liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022 queda establecida en 2.542.054,52 €, coa seguinte distribución por aplicacións:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Incremento do crédito

Total

05.23.141A.461.0

778.789,00

368.631,45

1.147.420,45

05.23.141A.761.0

928.789,00

465.845,07

1.394.634,07

Total

1.707.578,00

834.476,52

2.542.054,52

4. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 18.4 da Orde do 29 de decembro de 2021 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido