Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina 195.000 euros para axudar aos concellos a realizar actividades de dinamización de lectura nas súas bibliotecas e axencias de lectura
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación25/01/2023 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Bibliotecas Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Poderán ser beneficiarias desta subvención as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas
Detalles contido
A Xunta destina 195.000 euros para axudar aos concellos a realizar actividades de dinamización de lectura nas súas bibliotecas e axencias de lectura Poderán ser beneficiarias desta subvención as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas
25/01/2023|DOG

Obxecto

Establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023, no marco do programa Ler conta moito (código de procedemento CT236A).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención as entidades locais de Galicia que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns, cuxos integrantes cumpran individualmente os requisitos establecidos na orde.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As bibliotecas e axencias de lectura municipais para as que se solicita a subvención deberán estar integradas na Rede de bibliotecas de Galicia antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais, ter cuberta e remitida ao Servizo do Sistema de Bibliotecas a estatística de bibliotecas do ano 2021 (agás as que fosen creadas ou que reactivasen os seus servizos durante 2022 ou 2023, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes) e ter informatizada a súa xestión.

Bases reguladoras

Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT236A).

 Importe

Destinarase un crédito total de 195.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.760.3 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

 Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración pública, Administración local, Bibliotecas
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido