Ficha biblioteca

Nova Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/11/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais
Detalles contido
Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais
12/11/2025|Xunta de Galicia
  • Sinala que a formación práctica sobe ata representar o 65 % dos cursos, medran os incentivos á contratación para empresas e inclúense para os concellos
  • 20 M€ destinaranse a obradoiros agrarios e de seguridade e medio ambiente, favorecendo a prevención —formación en labores como a limpeza das franxas secundarias— e a restauración dos territorios afectados polos lumes do verán
  • Prevese a posta en marcha duns 100 obradoiros, que beneficiarán 1.970 persoas mediante itinerarios de nove meses que combinan formación e contrato laboral
  • Resalta a posta en marcha de catro programas piloto, un por provincia, de obradoiros duais destinados á recuperación de territorio afectado polos lumes e outros catro no eido da edificación e da obra civil

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o orzamento para unha nova edición dos obradoiros duais, que nesta ocasión priorizarán a formación no eido agrario e de prevención forestal co obxectivo de formar novos profesionais “para traballar na loita contra o lume e na recuperación das zonas afectadas pola vaga do verán”.

Para iso, a convocatoria de obradoiros duais de emprego 2026-2027 estará dotada de “case 50 millóns de euros”, 48,1 millóns de euros para organizar un cento de obradoiros dos cales se beneficiarán preto de 2.000 desempregados.

Tal e como explicou Rueda, un total de 20 millóns do orzamento da nova orde, cuxa publicación no DOG está prevista na segunda quincena deste mes, destinaranse especificamente a obradoiros que impartan certificados profesionais das familias agraria e de seguridade e ambiente, co fin de fortalecer a prevención e extinción de incendios forestais -con formación en labores coma a limpeza de franxas secundarias- e axudar na restauración dos territorios afectados polos lumes deste verán. Estes programas completaranse con outros orientados a cubrir necesidades clave de man de obra en cada municipio, como poden ser a construción ou a atención sociosanitaria, entre outras.

En total, prevese a posta en marcha de preto de 100 obradoiros en toda Galicia, que beneficiarán arredor de 1.970 persoas mediante itinerarios de nove meses que combinan formación e contrato laboral, limitados en xeral a tres por cada vida laboral, excepto nos casos dos relativos a familias agrarias.

Cómpre sinalar tamén que a Xunta continúa avanzando no seu modelo de Administración facilitadora. Así, nesta convocatoria reduciranse os prazos de resolución e habilitarase ás entidades locais un anticipo do 100 % do importe correspondente á anualidade 2026, evitando que teñan que adiantar recursos propios. Ademais, tal e como sinalou o presidente, a data límite para o inicio dos proxectos será o 1 de xuño e reforzarase a vertente práctica, que “terá que chegar como mínimo ao 65 % do tempo total”.

Con estas achegas, o programa reforzará a súa tripla dimensión: mellorar a inserción laboral das persoas con maiores dificultades de acceso ao emprego, fortalecer a colaboración institucional e dar resposta ás necesidades produtivas de cada territorio. Ademais, en 2026 sumarase a posta en marcha de catro programas piloto, un por provincia, de obradoiros duais destinados á recuperación de territorio afectado polos lumes —levados a cabo por comunidades de monte veciñais en man común— e outros catro no eido da edificación e obra civil en beneficio das infraestruturas municipais.

Detalles da convocatoria

Os obradoiros poderán ser solicitados por concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes. Cada proxecto contará cun grupo máximo de 20 participantes podendo recibir unha achega de ata 445.576 euros, que poderá acadar os 537.576 euros no caso de solicitar incentivos á contratación.

A selección do alumnado priorizará aquelas persoas con especiais dificultades de inserción laboral, como mulleres, vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornados, persoas desempregadas de longa duración, maiores de 52 anos ou persoas sen titulación superior, así como persoas con discapacidade ou beneficiarias da renda básica de inserción. Durante os nove meses de duración do programa, o alumnado poderá obter un certificado de profesionalidade e realizar un traballo remunerado de interese público, abríndose ademais a posibilidade de continuar empregado durante un mínimo de tres meses nunha empresa do sector, grazas aos incentivos introducidos para favorecer a inserción laboral. Estes incentivos aumentan nesta convocatoria, pasando de 1.500 a 3.000 euros por persoa contratada nas empresas e incluíndo tamén unha compensación de 1.500 euros aos concellos por cada alumno ou alumna contratado tras finalizar o obradoiro.

A Xunta asume tanto o financiamento da formación como os custos salariais derivados dos contratos do alumnado traballador. Canto á temática, nesta edición, priorizaranse os proxectos que impartan certificados profesionais ligados á familia agraria e ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais, así como aqueles orientados á recuperación de soutos de castiñeiros ou á xestión de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Igualmente, valoraranse de maneira específica os proxectos que prevexan actuacións de restauración en territorios afectados polos incendios forestais do ano 2025.

Compromiso coas entidades locais

A Xunta de Galicia considera fundamental continuar avanzando da man dos concellos para incrementar as oportunidades laborais e contribuír ao equilibrio territorial. Neste sentido, xunto aos obradoiros duais, destacan outras convocatorias que se reforzarán en 2026 como os programas integrados de emprego, dotados con máis de 10 millóns de euros, ou Aprol Rural, con importantes novidades como as axudas para a contratación de coordinadores municipais de prevención de incendios e coa suba do orzamento en máis de 6 M€ ata acadar os 20 M€.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Desempregados/as, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido