Ficha biblioteca

Nova O 94% dos concellos galegos e as catro deputacións cumpriron a obriga de informar sobre as súas contas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/11/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Informes ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Consellería de Facenda e Administración pública presentou un informe sobre o cumprimento das obrigas de subministro de información e dos obxectivos de estabilidade e regra de gasto dos concellos e deputacións da Comunidade
Detalles contido
O 94% dos concellos galegos e as catro deputacións cumpriron a obriga de informar sobre as súas contas A Consellería de Facenda e Administración pública presentou un informe sobre o cumprimento das obrigas de subministro de información e dos obxectivos de estabilidade e regra de gasto dos concellos e deputacións da Comunidade
12/11/2025|Xunta de Galicia

— Nos concellos de menos de 5.000 habitantes a principal fonte de financiamento procede das aportacións recibidas da Xunta de Galicia

— O ingreso medio por habitante nos concellos galegos ascende a 1.251 €, e nas deputacións, a 341 €; pola contra, o gasto medio por habitante nos concellos é de 1.153 €, e nos organismos provinciais, 274 €

O 94% dos concellos galegos e as catro deputacións cumpriron a obriga de informar sobre as súas contas. Así se desprende do informe avaliado hoxe no Consello da Xunta, elaborado pola Consellería de Facenda e Administración Pública sobre o cumprimento das obrigas de subministro de información e dos obxectivos de estabilidade e regra de gasto dos concellos e deputacións da Comunidade.

O informe elaborouse cos datos dos concellos e deputacións que cumpriron coa obriga de remisión de información ata novembro deste ano 2025. As catro deputacións e 295 concellos enviaron os datos solicitados, que tiñan como data límite de envío o 31 de marzo. A consellería de Facenda e Administración Pública é o órgano que exerce a tutela financeira das entidades locais e, como tal, elabora o informe que se presentou hoxe no Consello.

Entre os datos, o documento precisa que o ingreso medio por habitante nos concellos galegos ascende a 1.251 € e nas deputacións provinciais é de 341€, sendo nos concellos de menor tamaño o ingreso medio por habitante significativamente maior, ata chegar aos 1.964 euros, nos municipios de menos de 1.500 habitantes.

As principais fontes de financiamento dos concellos son os ingresos polas transferencias recibidas (52% sobre o total dos ingresos) e os tributos propios (44%) e canto menor é o tamaño do concello (en termos de poboación), maior peso acadan as transferencias recibidas da administración autonómica, de xeito que nos concellos de menos de 5.000 habitantes a principal fonte de financiamento procede das aportacións recibidas da Xunta de Galicia.

No que se refire á execución dos gastos, a das deputacións, cun 48%, é notoriamente menor que a dos concellos, que chega ao 72%.

O documento explica tamén que o gasto medio por habitante nos concellos galegos ascende a 1.153 € e nas deputacións provinciais é de 274€. Os concellos con menor poboación teñen un maior peso relativo nos gastos de persoal e en investimentos e son os de maior poboación os que concentran un maior gasto en gastos correntes e servizos e en transferencias correntes.

Cómpre salientar que tras a reimplantación das regras fiscais, as entidades locais teñen que manter unha posición de equilibrio ou superávit orzamentario e cumprir o obxectivo da regra de gasto. As que non o fagan están na obriga de elaborar un plan económico financeiro que permita, no ano en curso e no seguinte, que cumpran eses obxectivos. Un 34% dos concellos galegos teñen que presentar este plan e o 66% restante acada estes obxectivos, sendo máis cumpridores os municipios de menos de 1.500 habitantes e os de máis de 50.000. No caso das deputacións provinciais, as de Lugo e Ourense incumpren a regra de gasto.

Participación nos ingresos do Estado

Se ben 295 concellos dos 313 cumpriron co obriga de aprobación da liquidación e remisión da información, cómpre subliñar que a Administración autonómica fixo dous requirimentos aos concellos que o incumpriron, recordando que este feito pode implicar a retención da participación nos ingresos do Estado (PIE).

 

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido