Ficha biblioteca

Evento Curso básico de manipulación de augas residuais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/11/2025 FonteBOP de ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsEntidades Locais, Deputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten entre os seus obxectivos dotar os/as asistentes dunha formación integral, teórica e práctica, en materia de organización, funcionamento e xestión dos sistemas de augas residuais que se levan a cabo nas estacións de tratamento.
Detalles contido
LugarOurense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
21/11/2025 8:30 14:00
28/11/2025 8:30 14:00
02/12/2025 8:30 14:00
12/12/2025 8:30 14:00
19/12/2025 8:30 14:00
Evento

Curso básico de manipulación de augas residuais

1. Persoas destinatarias

* Persoal da Deputación de Ourense do Servizo de Augas e Medio Ambiente relacionados coa xestión e supervisión das redes de saneamento.

* Traballadores/as da Administración local que realicen nos seus postos de traballo tarefas relacionadas co saneamento e a depuración das augas residuais.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración: 25 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 21 de novembro ao 19 de decembro de 2025.
  • 2.4. Días das sesións presenciais: 21-28 de novembro e 2-12-19 de decembro.
  • 2.5. Horario das sesións presenciais: de 8.30 a 14.00 horas, os venres
  • 2.6. Prazas: 20 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Dotar os/as asistentes dunha formación integral, teórica e práctica, en materia de organización, funcionamento e xestión dos sistemas de augas residuais que se levan a cabo nas estacións de tratamento.
  • * Dar a coñecer os principais procesos empregados na depuración das augas residuais, así como os fundamentos científicos e ecolóxicos dos procesos biolóxicos empregados na depuración das augas residuais.
  • * Instruír o persoal das entidades locais para que sexan capaces de identificar os sistemas básicos de depuración biolóxica para o tratamento das augas residuais urbanas baseados en lodos activos.
  • * Aprender a xestionar o tratamento das augas residuais mediante as medidas preventivas específicas de cada posto de traballo nesta actividade.

4. Programa

4.1. Problemática e características das augas residuais.

4.1.1. Introdución.

4.1.2. Problemática actual das augas residuais.

4.1.3. Principais contaminantes presentes nas augas residuais.

4.1.4. Tipos de augas residuais en función da súa orixe.

4.1.5. Impacto ambiental das augas residuais.

4.2. Fundamentos dos procesos biolóxicos no tratamento das augas residuais.

4.2.1. Introdución.

4.2.2. Bases de microbioloxía.

4.2.3. Metabolismo microbiano.

4.2.4. Clasificación dos procesos biolóxicos.

4.2.5. Caracterización da materia orgánica da auga residual.

4.2.6. Evolución da poboación de microorganismos.

4.2.7. Cinética do crecemento bacteriano.

4.2.8. Determinación experimental dos parámetros cinéticos.

4.2.9. Tratamento biolóxico de compostos tóxicos.

4.3. Tratamentos de cultivo en suspensión.

4.3.1. Introdución.

4.3.2. Factores que afectan ao funcionamento do proceso.

4.3.3. Configuracións e esquemas de tratamento.

4.4. Tratamentos descontinuos.

4.4.1. Descrición do proceso.

4.4.2. Comparación co sistema continuo.

4.4.3. Configuracións do proceso.

4.4.4. Deseño do proceso.

4.5. Eliminación biolóxica dos nutrientes en augas residuais.

4.5.1. Os nutrientes nas augas residuais.

4.5.2. Eliminación biolóxica dos nutrientes.

4.5.3. Configuracións do tratamento para a eliminación dos nutrientes.

4.6. Tratamentos de cultivo fixo.

4.6.1. Introdución.

4.6.2. Eliminación de substrato nos procesos de cultivo fixo.

4.6.3. Filtro percoador.

4.6.4. Contactores biolóxicos rotatorios (biodiscos).

4.6.5. Procesos aerobios do cultivo fixo mergullado.

4.7. Procesos anaerobios no tratamento das augas residuais. Liña de lodos.

4.7.1. Introdución.

4.7.2. Bioquímica dos procesos anaerobios.

4.7.3. Microbioloxía dos procesos anaerobios.

4.7.4. Estequiometría e cinética dos procesos anaerobios.

4.7.5. Aplicacións dos procesos anaerobios.

4.7.6. Factores no deseño, control e operación.

4.7.7. Recuperación de recursos (biogás, estruvita, biomasa acuática etc.).

4.7.8. Biofactorías: aplicación de tecnoloxías nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR).

4.8. Equipos de medida e control nas instalacións.

4.8.1. Principais elementos de medida: tipos de sondas.

4.8.2. Principais elementos de control: SCADA e PLCs.

4.8.3. Aspectos básicos da dixitalización: Cloud, big data etc...

4.9. Depuración das augas en pequenas comunidades: tecnoloxías brandas.

4.9.1. Tecnoloxías e métodos de tratamento das augas residuais.

4.9.2. Implementación e mantemento.

4.9.3. Vixilancia e avaliación periódica da calidade da auga tratada.

4.10. Seguridade e saúde no tratamento de augas residuais.

4.10.1. Principais riscos asociados ao tratamento biolóxico.

4.10.2. Medidas preventivas e de control.

4.10.3. Protocolos de emerxencia e resposta rápida

4.10.4. Principais elementos de protección: EPI.

4.10.5. Capacitación e cultura de formación.

4.11. Contaminantes emerxentes e xenes de resistencia nas augas residuais.

4.11.1. Introdución aos contaminantes emerxentes en augas residuais.

4.11.2. Impacto e riscos asociados aos contaminantes emerxentes.

4.11.3. Tecnoloxías e estratexias para a detección e eliminación de contaminantes emerxentes.

4.12. Recuperación de recursos no tratamento das augas residuais.

4.12.1. Introdución á recuperación de recursos nas augas residuais.

4.12.2. Tipos de recursos recuperables e tecnoloxías de recuperación.

4.12.3. Implementación e sustentabilidade da recuperación de recursos.

4.13. Biorrefinerías: EDAR do século XXI.

4.13.1. Introdución á biorrefinería no tratamento de augas residuais.

4.13.2. Procesos e tecnoloxías en biorrefinerías para o tratamento de augas residuais.

4.13.3. Beneficios, desafíos e exemplos de implementación de biorrefinerías.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 18 de novembro do 2025.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Entidades Locais, Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido