Comisión de Análise Local

O pasado día 4 de xullo constituíuse oficialmente a Comisión de Análise Local, que botou a andar a iniciou os seus traballos co obxectivo de elaborar e presentar este mesmo ano un informe sobre a situación da planta municipal galega nos planos organizativo, normativo, funcional e financeiro para adaptar as corporacións locais á actual conxuntura económica e ás novas demandas sociais.

A comisión, cuxa creación foi aprobada polo Consello da Xunta despois de que fose solicitada polo Parlamento galego no Debate de política xeral,conta con expertos propostos polos grupos parlamentarios ,por membros da Xunta de Galicia e da Fegamp.

O obxectivo deste grupo,que acordou reunirse como mínimo cunha periodicidade mensual, é estudar as medidas normativas,organizativas e políticas necesarias para adaptar as corporacións locais á actual conxuntura económica e ás novas demandas sociais. As temáticas analizadas, reflictiranse na elaboración dun informe con propostas para este mesmo ano 2012.

Participantes por parte da Xunta de Galicia forman parte da comisión José Manuel Pardellas Rivera, interventor xeral da Deputación de A Coruña; María Concepción Campos Acuña, secretaria de Administración Municipal do Concello de Vigo; Santiago Lago Penas, profesor Titular de economía Aplicada da Universidade de Vigo; Luís Caramés Vieites, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago; e José Antonio Aldrey Vázquez, profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago.

Por parte da FEGAMP, estarán Eduardo Ramonde Rodríguez, secretario xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, José Manuel Chapela Seijo, director xeral da Federación; Raúl Fernández Iglesias, coordinador de actas e informes da Federación; e Maite Buján Mosquera, interventora do Concello de Cervo.

Esta Comisión de expertos, estará formada por parte do Grupo Parlamentario Popular: Sonia Rodríguez- Campos, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo; e Enrique Moldes Teo, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago.

Por parte do grupo parlamentario PSdG-PSOE: Xaquín Álvarez Corbacho, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña; e Santiago Antonio Roura Gómez, profesor titular de Dereito Constitucional da Universidade de A Coruña.

Por parte do grupo parlamentario do BNG: Cesar Mósquera Lorenzo, concelleiro de Ordenación do Territorio do Concello de Pontevedra; e María Xosé Veiga Buxán, tenente de Alcalde do Concello de Monforte. O Presidente será Luís Caramés Vieites, e actuará como Secretario, con voz, pero sen voto, o Director Xeral de Administración Local, Norberto Uzal.

Neste apartado habilitarase unha Área de descargas da Comisión de análise local como lugar de intercambio de documentación aportada polos/as distintos/as integrantes da comisión. Coa existencia desta área pretendese fomentar o intercambio e posta en común de documentos ou arquivos relacionados con distintas temáticas de interese para as administracións locais e que garantan o análise da reforma dos gobernos locais para encontrar fórmulas que ofrezan "mecanismos de cooperación e propostas de xestión que fagan viables os servizos públicos municipais".

Calendario de sesións da Comisión de Análise Local.

Documentación

Servizo de área de descargas da Comisión

A área de descargas permite a consulta e descarga de todos os ficheiros de interese para a valoración dos aspectos locais analizados. Todo/a usuario/a autorizado (usuario/a dado de alta no eidolocal e co permiso habilitado para acceso á área de descargas) a acceder a esta área de descargas tamén poderá subir ficheiros que, previa revisión por parte dos/as administradores/as do portal eidolocal será publicado .

Acceso ao servizo.