I Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica


O 16 de marzo de 2015 celebrouse en Santiago de Compostela o I Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: un compromiso conxunto cara aos/ás cidadáns/ás dirixido a todas as entidades locais de Galicia, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Esta iniciativa enmárcase no conxunto de actuacións que se están a levar a cabo na Xunta de Galicia na súa liña de colaboración co mundo local para impulsar a implantación da Administración Electrónica e a prestación de servizos comúns dixitais a cidadanía e empresas, acompañando o desenvolvemento das TIC na administración local e, mediante a eliminación de duplicidades, favorecer a eficiencia no consumo de recursos, sistemas e infraestruturas tecnolóxicas.

O obxectivo foi poñer en común as liñas de colaboración coas EELL no ámbito das TIC que xa son unha realidade, e abrir un foro para debater sobre temáticas de interese e actualidade neste eido.

Se o desexa pode visualizar o programa completo da xornada premendo AQUÍ.

A continuación poderá visualizar a listaxe de relatores e os seus relatorios.

  • Introdución do I Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica
    María del Mar Pereira Álvarez
    DIRECTORA DA AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
    Descargar presentación
  • Interoperabilidade, facendo camiño cara a unha veciñanza intelixente
    Isabel Pillado Quintáns
    XEFA DO DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DA AMTEGA
    Descargar presentación
  • Ordenanza de administración electrónica
    Fernando Suárez Lorenzo
    PRESIDENTE DO COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑERÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA
    Descargar presentación
  • Plataforma provincial de administración electrónica
    Miguel Lorenzo Turbón
    XEFE DE SERVIZO DE INFORMÁTICA E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA. ÁREA DE ORGANIZACIÓN E PERSOAL
    DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

    Descargar presentación
  • Rede CeMIT. Presente e futuro da capacitación dixital
    Felícitas Rodríguez González
    XEFA DO DEPARTAMENTO DE SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DA AMTEGA
    Descargar presentación
  • A factura electrónica: primeiro contacto
    Francisco Javier Portela Amor
    INTERVENTOR XERAL DO CONCELLO DE NEGREIRA
  • As novas tecnoloxías na contratación pública
    Juan Gabriel Fernández García de la Rocha
    XEFE DE PROXECTO DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
    Descargar presentación
  • Administración electrónica e transparencia na Deputación Provincial de Ourense. Experiencias e retos
    Juan Marquina Fuentes
    VICESECRETARIO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
    Descargar presentación
  • Implantación da Lei de Transparencia nas Entidades Locais galegas
    José Manuel Chapela Seijo
    DIRECTOR XERAL DA FEGAMP
  • Os orzamentos participativos da Deputación de Lugo. Unha xestión transparente e participativa dos orzamentos públicos
    Pablo Rivera Capón
    DIRECTOR DE FONDOS EUROPEOS E RESPONSABLE DO SERVIZO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DA
    DEPUTACIÓN DE LUGO

    Descargar presentación
  • Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia
    Adrián Lence Paz
    DIRECTOR DA ÁREA DE INFRAESTRUTURAS E TELECOMUNICACIÓNS DA AMTEGA
    Descargar presentación
  • Modelo de ordenanza para adaptarse á nova Lei de telecomunicacións de Galicia
    María Cacharro López
    COLEXIO OFICIAL DE SECRETARIOS, INTERVENTORES E TESOUREIROS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
  • Importancia do despregamento de novas infraestruturas de telecomunicacións para a administración electrónica e o desenvolvemento de vilas intelixentes
    Javier Fernández Fraga
    VOGAL DO COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA
  • Os profesionais TIC no novo contexto dixital. Situación actual e retos para a Administración Local
    Eduardo Risco Bóveda
    RESPONSABLE DE INFORMÁTICA DO CONCELLO DE LUGO

    Fernando Suárez Lorenzo
    PRESIDENTE DO COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑERÍA EN INFORMÁTICA DE GALICIA
    Descargar presentación
    Marcos Mata Mansilla
    PRESIDENTE DO COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑERÍA TÉCNICA INFORMÁTICA DE GALICIA