Ficha biblioteca

Noticia PasaXe!: dispoñibles 5 novos servizos na plataforma e novos formularios para as solicitudes de habilitación
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
PasaXe!: dispoñibles 5 novos servizos na plataforma e novos formularios para as solicitudes de habilitación As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición 5 novos servizos para a súa consulta. A partir de agora simplifícase o proceso de hablitiación dos 42 servizos dispoñibles mediante a utilización de novos modelos de formularios de solicitude.
10/04/2017|Amtega

As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición 5 novos servizos para a súa consulta: consulta de condición de bolseira/o, consulta de estar inscrito/a no Rexistro Central de Persoal, consulta de inexistencia de antecedentes penais, consulta de datos padroais e consulta de cualificacións para probas CCSE e DELE.

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

A través do portal de interoperabilidade pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 42 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, a AEAT, a D. X. da Polícía, a D. X. do Catastro, o Imserso, o INSS, o INE, o Sepes, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes. Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles. A información detallada de cada un deles está dispoñible no catálogo de servizos de interoperabilidade do portal Eido Local.

Para facilitar o cumprimento, por parte das Entidades Locais de Galicia, dos requisitos normativos para a consulta de servizos de interoperabilidade, o grupo de traballo formado pola Amtega, a Fegamp, o COSITAL, o CPEIG, o Concello de Narón e a Deputación da Coruña elaborou a seguinte documentación, dispoñible no portal Eido Local:

  • Guía de axuda á implantación de pasaXe! nas Entidades Locais, que recolle os pasos básicos para a utilización de pasaXe!, adaptada para a utilización de calquera EELL independentemente do grao de implantación de administración electrónica de partida.

  • Modelo de Resolución de Interoperabilidade, que as EELL poden usar para dar unha base normativa á utilización de servizos de interoperabilidade á hora de tramitar os seus procedementos administrativos sen ter que realizar ou modificar a normativa específica de cada procedemento. Recolle tamén un modelo xenérico de formulario para recoller a oposición á consulta de datos, tal e como se require na lexislación vixente.

Novo modelo de formularios

Esta documentación, xunto coa unificación dos formularios de solicitude dos servizos, agás os da AEAT, facilitará a utilización dos servizos de interoperabilidade dispoñibles na plataforma pasaXe!. Coa publicación deste novo modelo de formularios, cun único documento, acompañado dunha folla de cálculo coa información dos procedementos administrativos e os servizos de interoperabilidade, simplifícase a habilitación dos servizos. Desde agora, se xa se remitiu o formulario asinado unha vez, para novas solicitudes de habilitación só será necesario remitir a folla de cálculo co detalle das novas autorizacións. O novo modelo de formularios xa está dispoñible en dous kits para a súa utilización polas Entidades Locais de Galicia no portal Eido Loca nas seguintes ligazóns: 

 

Temas:Administración dixital
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido