Ficha biblioteca

Noticia pasaXe!: Dispoñibles catro novos servizos para consulta de datos do Muface na plataforma
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
pasaXe!: Dispoñibles catro novos servizos para consulta de datos do Muface na plataforma As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición catro novos servizos para a consulta de datos do Muface
05/02/2018|Amtega

As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición catro novos servizos para a consulta de datos do Muface.

  • Certificado individual de abonos de servizos.
  • Certificado de afiliación.
  • Consulta de datos de abonos.
  • Consulta de datos de afiliación.

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.
A través do portal de interoperabilidade pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 52 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, a AEAT, a D. X. da Polícía, a D. X. do
Catastro, a D. X. de Tráfico o Imserso, o INSS, o INE, o Muface o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes. Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.
Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eido Local a seguinte documentación:

  • Nesta ligazon, unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de
  • habilitación do servizo.
  • Nesta ligazón, un modelo de resolución á implementación da interoperabilidade, que inclúe:
    • Un modelo de resolución que pode adaptar ás necesidades da súa Entidade, no que se indica, para cada  servizo/trámite/procedemento do Concello, que servizos de interoperabilidade van utilizar.
    • Un modelo de formulario de oposición á consulta, para que os interesados poidan exercer o seu dereito de denegación expresa a que se consulten os datos.
Temas:Administración dixital, Intercambio de información entre administraciones
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido