Ficha biblioteca

Noticia A Deputación de Pontevedra xa ten un impacto do 91% na Axenda 2030 de obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación15/03/2019 FuenteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Desarrollo sostenible Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesDiputación de Pontevedra Ámbitos geográficosPontevedra
Imagen del contenido
Descripción A diagnose analiza o cumprimento dos obxectivos entre os programas da institución, o seu funcionamento interno e as súas alianzas (máis de 230) con outras entidades
Detalles contenido
A Deputación de Pontevedra xa ten un impacto do 91% na Axenda 2030 de obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas A diagnose analiza o cumprimento dos obxectivos entre os programas da institución, o seu funcionamento interno e as súas alianzas (máis de 230) con outras entidades
15/03/2019|Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra xa ten un impacto global do 91% na Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, abordando 31 metas dos seus 17 eixos. Este é o resultado dun estudo-diagnose, realizado pola empresa de consultoría "Valora", que analizou os programas, plans e proxectos levados a cabo pola Deputación de Pontevedra nos últimos anos, así como aqueles derivados de alianzas con outras entidades tanto públicas como privadas.

"Non se pode ter un proxecto de futuro para a provincia de Pontevedra se non estamos dispostas e dispostos a cumprir as demandas e obrigas de Nacións Unidas, da Unión Europea e os seus países membros. Por iso, a Deputación de Pontevedra encargou este estudo para coñecer o seu grao de implementación nesta gran Axenda 2030 e garantir que a poidamos cumprir ao 100%", sinalou a Presidenta Carmela Silva na presentación dos resultados. A Presidenta lembrou que se trata dunha axenda "de obrigado cumprimento, que o Goberno estatal xa puxo en marcha para que todas as administracións desenvolvan medidas que cubran os grandes desafíos do planeta".

A diagnose "analizou todas as áreas desta administración", cun total de 158 programas de 36 competencias, para sinalar "como está de implementada a axenda na Deputación de Pontevedra, tanto a nivel interno como nos seus proxectos. Deste xeito coñecemos onde debemos facer máis fincapé e onde precisamos saber se os nosos recursos favorecen que cumpramos eses 17 obxectivos e metas", asegurou Carmela Silva. O grao de implantación mediuse a través do impacto na poboación (especialmente en concellos de menos de 20.000 habitantes) partido pola poboación total; ou tamén polo impacto no número de concellos. A Presidenta provincial sinalou que "queremos levar este estudo a todos os concellos e proporlles de cara ao futuro que tamén os elaboren".

Carmela Silva asegurou que "unha vez coñecidos os resultados, queremos seguir traballando para pasar do 91% e chegar ata o 100% en 2030, así como facilitarlles aos concellos toda esta información para que coñezan a súa situación e poidan avanzar no mesmo obxectivo". A Presidenta provincial quixo resaltar que "analizamos os 17 obxectivos cando non o teríamos que facer, xa que moitas das cuestións incluídas na Axenda 2030 non son competencias propias desta Deputación senón doutras administracións. Como actuamos en todos os obxectivos, a diagnose ofreceu resultados positivos nos 17".

Julio Sánchez en representación da empresa Valora Consultores, encargada de elaborar a diagnose, foi quen relatou todos os datos deste estudo, que reflicten o impacto global do 91% da Deputación sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible de Nacións Unidas. O primeiro dos eixos, a fin da pobreza, ten un grao de implementación do 90%. Neste apartado, e como explicou Sánchez Montoya, non só se estudaron os programas directos de actuación da Deputación senón outras alianzas como as axudas humanitarias a países en situacións en conflito, así como a atención a 133 menores en risco de exclusión social no Centro Príncipe Felipe. No obxectivo de fame cero, a Deputación actúa de xeito transversal cos programas de agricultura ecolóxica e produción sustentable, a través da investigación na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e da Finca Mouriscade, e co fomento da redución do desperdicio alimentario a través de labores de concienciación. O terceiro dos obxectivos sería o de saúde e benestar, con 18 programas involucrados nun de cada dous concellos e co obxectivo de chegar ao 100% no horizonte 2020. O cuarto obxectivo é a educación de calidade, con catro programas pero cun impacto de 25 centros educativos, o 60% dos concellos e o obxectivo do 100% en 2022.

O quinto obxectivo é a igualdade de xénero, "cunha gran cantidade de programas neste eixo que actúan sobre o 100% da poboación, como a Escola de Igualdade María Vinyals, ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero', a dotación de material para puntos violetas ou o Plan de Igualdade da Deputación de Pontevedra, que ten un grande impacto ao chegar a máis de 2.000 persoas que traballan na institución. O obxectivo número 6 é o de auga limpa e saneamento cun grao de implantación co 100%, actuando no saneamento e depuración de 32 concellos con poboación de menos de 50.000 habitantes. O obxectivo 7 sería o de enerxía accesible e non contaminante, con axudas que chegan ao 47% dos concellos menores de 20.000 habitantes para elaborar proxectos de mellora da eficiencia enerxética, e coa meta de acadar o 100%.

En canto ao obxectivo 8, traballo decente e crecemento económico, hai 23 programas cun investimento de 14 millóns en proxectos propios, "un número que a nivel técnico consideramos que se debe resaltar", asegurou o representante da axencia Valora, "así como a gran cantidade de proxectos europeos: hai unha gran colaboración, que é tamén un dos grandes eixos destes obxectivos". O obxectivo número 9 é o de industria, innovación e infraestrutura, no que se valora especialmente que, malia a haber 9 programas, "non só se chega a grandes poboacións senón tamén aos núcleos rurais, e chega ao 100% da poboación en canto á capacitación dixital das pequenas e medianas empresas e persoas autónomas e emprendedoras".

No obxectivo número 10, o da redución das desigualdades, a Deputación chega con 11 programas a un total de 24.000 persoas, "un número moi significativo". O obxectivo 11, cidades e comunidades sustentables, contempla 39 programas e o 20% de todo o orzamento da Deputación de Pontevedra. O obxectivo número 12, produción e consumo responsable, involucra a 2 de cada 3 concellos a través do ‘Plan Revitaliza', e contempla un total de 17 programas. En canto ao eixo número 13, acción polo clima, incídese no 55% da masa da superficie forestal. No que corresponde á vida submarina, o obxectivo número 14, o grao de implantación é do 100% actuando no saneamento dun de cada tres concellos costeiros, e co obxectivo de chegar a todo o litoral no horizonte 2020. O obxectivo número 15 é o de vida e ecosistemas terrestres, a través de 10 programas que inciden no 30% da superficie forestal dos concellos de ata 20.000 habitantes e preto de 77.000 hectáreas, e tamén co traballo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

O obxectivo número 16 é o de paz, xustiza e institucións sólidas, cun grao de implantación do 100%. Neste apartado valorouse moi positivamente a ordenanza provincial de transparencia ou as xornadas de inclusión social para fomentar o intercambio de ideas. O último dos obxectivos, o 17, é o de alianzas para acadar os obxectivos: a implantación é do 100% con alianzas de colaboración con 234 entidades públicas e privadas, 71 concellos e entidades locais e máis de 160 a nivel estatal. "Se tiveramos que sinalar algún dos ODS que fan desta Deputación a nivel técnico, este, o da igualdade e o da innovación e industria serían os tres que máis sinalaríamos", asegurou o representante de Valora.

Resumo de impactos da Axenda 2030 na provincia de Pontevedra (pdf)

+ info

Temas:Administración local, Desarrollo sostenible
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Diputación de Pontevedra
Ámbitos geográficos:Pontevedra
Valorar:
Enviar