Ficha biblioteca

Evento I Xornada de Bibliotecas da provincia da Coruña
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación13/11/2025 FuenteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Bibliotecas, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de A Coruña Ámbitos geográficosA Coruña
Imagen del contenido
Descripción A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña acollerá o vindeiro 21 de novembro a I Xornada de Bibliotecas da Provincia, un encontro pioneiro dirixido ás e aos profesionais das bibliotecas municipais da provincia. O obxectivo é crear un espazo de diálogo, formación e reflexión conxunta sobre os retos, fortalezas e necesidades actuais do sector bibliotecario.
Detalles contenido
LugarPazo Mariñán Bergondo OrganizadorDeputación da Coruña Fechas
DíaHora inicioHora fin
21/11/2025 9:00 14:00
Evento

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña acollerá o vindeiro 21 de novembro a I Xornada de Bibliotecas da Provincia, un encontro pioneiro dirixido ás e aos profesionais das bibliotecas municipais da provincia. O obxectivo é crear un espazo de diálogo, formación e reflexión conxunta sobre os retos, fortalezas e necesidades actuais do sector bibliotecario.

A xornada, organizada pola Biblioteca Provincial, contará con relatorios, mesas redondas e espazos de traballo colaborativo nos que se abordarán cuestións fundamentais como o papel das bibliotecas na creación literaria, a formación dos profesionais da documentación ou os novos desafíos na xestión dos servizos bibliotecarios municipais.

O programa da xornada inclúe diversas intervencións que permitirán coñecer diferentes perspectivas arredor do papel das bibliotecas na actualidade. A apertura correrá a cargo de Carmen Ferreiro Villaverde, quen presentará a Biblioteca Provincial como unha xanela aberta á provincia. Tamén intervirá Raquel Herrero álamo, da Biblioteca Municipal de Culleredo, cunha visión próxima e práctica do traballo que se desenvolve nos centros municipais.

Pola súa banda, o escritor Pedro Feijoo achegará a súa experiencia sobre a creación literaria desde as bibliotecas, mentres que Javier Ruiz Astiz, coordinador do Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas da Universidade da Coruña, abordará o futuro da formación universitaria no ámbito da documentación. A xornada completarase cunha mesa redonda sobre a realidade das bibliotecas municipais e diferentes espazos de traballo colaborativo entre profesionais.

A xornada busca fortalecer a colaboración entre as bibliotecas municipais e promover a actualización profesional nun contexto de transformación dixital e social, consolidando así o papel das bibliotecas como espazos de cultura, coñecemento e participación cidadá.

"As bibliotecas son moito máis que lugares de préstamo: son centros vivos de aprendizaxe, encontro e creación. Con esta xornada queremos recoñecer o traballo das e dos profesionais e impulsar unha rede bibliotecaria provincial máis cohesionada", sinalan desde a Deputación da Coruña.

Temas:Administración pública, Administración local, Bibliotecas, Enseñanza y formación
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de A Coruña
Ámbitos geográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contenido