Acceso á Rede Corporativa da Xunta de Galicia e os seus servizos, poñendo á disposición dos concellos unha canle segura e de alta capacidade que permite a interconexión das AAPP galegas e destas coa Rede de Comunicacións das Administracións Públicas españolas

REQUISITOS MÍNIMOS DE ACCESO

Unha entidade local galega para dispoñer de acceso a Rede Corporativa da Xunta de Galicia (RCXG) e aos seus servizos deberá cumprir os seguintes requisitos ou trámites:

1. Asinar o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Solicitar o acceso a Rede Corporativa da Xunta e aos seus servizos, cumprimentando e asinando o formulario correspondente e remitíndoo ao CAU (cau-periferico@xunta.gal).

CONTACTO PARA DÚBIDAS, INCIDENCIAS OU SOLICITUDES DE ACCESO AO SERVIZO

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo, pode contactar co CAU a través do teléfono 881995300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo pode contactar coa oficina eConcellos a través do teléfono 981957595 ou no correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal

Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidade solicitude
113 Interoperabilidade Comunicación Acceso á Rede SARA e aos seus servizos Correo electrónico
112 Comunicación Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
111 Comunicación Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... Correo electrónico
109 Comunicación Conexión remota á Rede da Xunta de Galicia e a sistemas de EE.LL. integrados na RCXG (VPN) Correo electrónico
114 Aplicacións e servizos finais Correo electrónico-Eidolocal Correo electrónico
108 Comunicación Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia. Correo electrónico

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Data modificación

01/02/2024

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais

Modo de consumo

Non aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración