A partir do 1 de xaneiro de 2017, as Policías Locais están obrigadas a comunicarse cos órganos xudiciais por medios electrónicos. A través de LexNET-HERMES, o Corpo da Policía Local poderá remitir por vía electrónica atestados e demáis escritos de trámite.

A reforma do artigo 273.3 da Lei de Enjuiciamiento Civil (LEC), operada pola Lei 42/2015, do 5 de outubro, establece a obriga para todas as Administracións e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de comunicarse de forma electrónica cos órganos xudiciais a partir do 1 de xaneiro do 2017.

Igualmente, o Real Decreto 1065/2015, do 27 de novembro, sobre comunicacións electrónicas na Administración de Xustiza no ámbito territorial do Ministerio de Xustiza e polo que se regula o sistema LexNET-HERMES, obriga á Policía Local, cando realicen tarefas de Policía Xudicial, á utilización do mencionado sistema no territorio do Ministerio de Xustiza.

A través de LexNET-HERMES, o Corpo da Policía Local poderá remitir por vía electrónica atestados e demáis escritos de trámite.

 

SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO

Para solicitar a alta en HERMES deben remitir o formulario (folla de cálculo) que anexamos debidamente cumprimentado conforme as instrucións que se indican no mesmo, axuntando a maiores un oficio no que deben solicitar a alta na aplicación.

No formulario de alta unicamente debe incluírse o dato do usuario administrador ou usuarios administradores. Unha vez comunicada a alta definitiva da Policía Local correspondente por parte do Ministerio, deberá ser o Administrador quen se encargue de xestionar a alta do resto de usuarios conforme ao manual que encontrarán na seguinte ligazón

Para que o Ministerio de Xustiza proceda á alta dun novo colectivo é necesario que se faga baixo petición do mesmo, e para isto deben dirixir un correo electrónico á conta cau-periferico@xunta.gal  onde se xunte o oficio solicitando a alta e o formulario de alta cuberto

A forma de acceso á aplicación Hermes será a través da Rede SARA do Ministerio de Xustiza (https://hermes.justicia.es), mediante usuario e contrasinal.

Máis información na seguinte ligazón

 

REQUISITOS TÉCNICOS

  • Dotar aos usuarios de escáneres para os casos onde non vaian traballar con documentos electrónicos na súa orixe, e polo tanto deban dixitalizar documentos en formato papel. Estes escáneres deben contar coa funcionalidade de Recoñecemento Óptico de Caracteres (OCR) para que os documentos que se remitan aos Órganos Xudiciais permitan a realización de buscas por contido; tamén deberán estar configurados cunha resolución de 200 puntos por polgada e en branco e negro.
  • Navegadores:
    • Internet Explorer 6,7,8,9,10 ou 11 
    • Mozilla Firefox (versión anterior á 52)
    • Google Chrome (versión anterior á 42)

 

Identificador Formato Nome Descrición
52800 Documento Formulario de solicitude de alta en Hermes Modelo para solicitar a alta en HERMES cumprimentadoo debidamente conforme as instrucións ...

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS

Poden contactar co CAU no teléfono 881 995 300 para aclarar calquera dúbida sobre o proceso de tramitación das altas. Para o resto de incidencias ou dúbidas pode acudir a https://www.administraciondejusticia.gob.es/lexnet/contacto

Data modificación

22/09/2023

Proveedor/Responsable do servizo

Ministerio de Justicia

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administracións

Beneficiario

Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos, Outras administracións

Modo de consumo

Aplicación consumidora

Tipo de financiación

Gratuíto