Aplicación web que permite a xestión bibliotecaria e está baseada no software libre (Koha) a disposición das bibliotecas integrantes da Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública, segundo o establecido na lei 5/2012 do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

A dirección e coordinación de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é responsabilidade da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

Sobre 345 bibliotecas de titularidade pública e dependentes da administración autonómica e da local forman parte desta rede.

O Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia facilita ás bibliotecas públicas galegas integradas na Rede:

  • Un Sistema intergrado de xestión bibliotecaria baseado no programa de software libre Koha que impulsa un sistema bibliotecario máis desenvolvido e moderno.
  • Para os profesionais, facilítalles unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles grazas á integración de datos, á unificación de políticas e procedementos de funcionamento e á redución de tempos dedicados aos procesos técnicos.
  • Para os usuarios e usuarias das bibliotecas públicas, ofrece un único catálogo en liña aos usuarios da Rede o que permite que a cidadanía poida acceder aos fondos bibliográficos de todas as bibliotecas públicas da Rede, mellorando a visibilidade dos fondos dos centros debido a que se pode consultar a través dunha páxina única en liña (https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal) en que biblioteca está o documento que se busca e reservalo.
  • A creación dun carné único da Rede de bibliotecas de Galicia, que permite o acceso a todos os servizos de todas as bibliotecas da Rede.

 

REQUISITOS PARA FORMAR PARTE DO CATÁOGO COLECTIVO DA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA E COMO SOLICITALO:

A biblioteca debe estar:

Para máis información faga clic aquí: Como formar parte da rede? 

O Sistema intergrado de xestión bibliotecaria da Rede de bibliotecas de Galicia non esixe que os equipos informáticos dende os que se acceda teñan que cumprir con requirimentos técnicos especiais, agás dispoñer de acceso a internet e un navegador web.

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS CO SERVIZO:

A través do CAU, punto único de soporte técnico ás bibliotecas públicas da Rede, para incidencias co servizo, apoio á implantación do software bibliotecario nas bibliotecas municipais e información sobre os programas e axudas:

correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal
teléfono: 881 995 300

e a través do Servizo do Sistema de Bibliotecas para o resto de cuestións máis funcionais relacionadas co servizo:

correo electrónico: servizo.bibliotecas@xunta.gal
teléfono: 981 957 278

 

Identificador Formato Nome Descrición
20820 Enlace Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia Lei que establece as bases e as estruturas fundamentais para a planificación e o desenvolv...
63692 Enlace Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procede... Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procede...
64698 Enlace GaliciaLe - plataforma de préstamo de libro electrónico das bibliotecas públicas galegas Plataforma do libro electrónico das biblioteca públicas galegas onde atoparás obras en for...
Data modificación

15/03/2024

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia /Cultura e Turismo/ Amtega

Datos contacto dúbidas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horarios:7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Cidadáns, Entidades locais

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio KOHABI