• Inicio
  • LeAL-Plataforma de licitación electrónica da Administración Local

LeAL-PLATAFORMA DE LICITÁCIÓN ELECTRÓNICA
DA AMINISTRACIÓN LOCAL

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia na liña de colaboración coas Administracións Locais de Galicia para impulsar a implantación de servizos dixitais para cidadanía e empresas, pon en marcha o proxecto LEAL (Licitación Electrónica para a Administración Local) .

A través deste proxecto facilítase unha plataforma que permite xestionar por vía electrónica o proceso completo de licitación a EELL e licitadores, coas vantaxes de dispoñibilidade, seguridade, rapidez e transparencia que ofrece a licitación electrónica.

A plataforma seleccionada para prover este servizo é VORTALgov, o modelo de contratación pública electrónica máis utilizado a nivel Europeo e concretamente en España. O acceso á este servizo realízase a través de Leal.gal.

Tecnicamente trátase dunha plataforma en modelo Cloud adaptada ao RD Lex 3/2011 e á Lei 11/2007, garantindo o cumprimento dos máximos estándares de seguridade e LOPD.

 

Que ofrece?

A Licitación Electrónica permite xestionar as diferentes fases do proceso de contratación dende a publicación dos procedementos de contratación e a apertura do prazo de presentación de ofertas ata a sinatura do contrato:

  • Recibir ofertas electrónicas, garantindo a súa confidencialidade.
  • Realizar a apertura das mesmas mediante sistemas electrónicos nas correspondentes mesas de contratación.
  • Xestionar as notificacións electrónicas que poidan necesitarse durante o desenvolvemento do procedemento.
  • Publicar a clasificación dos licitadores e a posterior adxudicación do contrato.
  • Firmar o contrato mediante sistemas electrónicos.
Vantaxes
  • Dispoñibilidade: permite operar a calquera hora, en calquera lugar de maneira cómoda e segura.
  • Rapidez: permite achegar os documentos directamente dende o seu pc.
  • Confidencialidade: as ofertas presentadas son encriptadas non sendo posible abrilas ata a válida constitución da mesa de contratación.
  • Transparencia: os licitadores poden consultar en calquera momento o estado do procedemento e a documentación xerada durante o mesmo (informes de valoración, exclusións ... ).
  • Economía: o proceso permite aforro de custos ás empresas (horas de traballo, papel ao non ser necesaria a impresión das ofertas, desprazamentos, mensaxería ...).
  • Sinxeleza: o uso do sistema é sinxelo e de rápido aprendizaxe.

LEAL supón unha aposta polo aforro e a transparencia na contratación pública, ao tempo que permite reducir os tempos de xestión das contratacións e maximiza a concorrencia de provedores e a publicidade das licitacións.

Coa posta en marcha deste servizo a Xunta facilita a adaptación das entidades locais galegas ás novas Directivas Europeas de Contratación, xa aprobadas, que impoñerán a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos nos procesos de contratación pública nos próximos anos.

 

Evolución da implantación nas EELL galegas

Actualmente as entidades locais que están a utilizar a plataforma LeAL son:

 

  • Deputación de Lugo
  • Deputación de Ourense
  • Deputación de Pontevedra
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Concello de Vilagarcía de Arousa
  • Concello de Toén
  • Concello de Burela

Estase a realizar unha implantación progresiva, ata estender o seu uso a todas as EELL de Galicia que o desexen.

Apoio na posta en marcha do servizo

colaboradoresleal

O proxecto inclúe a realización de sesións de difusión e formación para os usuarios nas EELL e empresas así como apoio na adaptación dos instrumentos normativos e xestión do cambio necesarios para a posta en marcha do mesmo, para o que se está a contar coa colaboración da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias).

Se desexa máis información sobre o proxecto pode poñerse en contacto coa Oficina eConcellos a través do telefono 981 95 75 95 ou no correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal.

Buscar procedementos