Nodo Integral de Contratación Pública Electrónica de Galicia

O Nodo de Contratación Pública de Galicia ten como obxectivo dar resposta ás esixencias da nova Lei 9/2017 de Contratos Públicos, de 8 de novembro, no marco da maior transparencia e eficiencia do gasto público permitindo ás administración públicas galegas xestionar por vía electrónica o proceso completo de contratación de extremo a extremo, é dicir, a xestión e publicidade da necesidade, do proceso de contratación, da xestión dos pagos e da documentación relativa a este proceso.

Servizos que constitúen o nodo

O Nodo de Contratación Pública de Galicia, é de uso obrigado para todo o sector público autonómico e ponse a disposición de todas as entidades locais galegas que o precisen.

Ofrécese as EELL un modelo de servizo global, flexible e gratuíto, maximizando o investimento, mellorando os servizos as empresas, minimizando o custo de mantemento a través do uso de sistemas comúns e garantindo a resposta ás esixencias normativa.

O Nodo de Contratación Pública de Galicia,  consta de varios sistemas e a Xunta pon a disposición das EELL os seguintes:

 

 

 

  • Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (PcPG). Proporciona de xeito centralizado, información de contratación de toda a administración galega, minimizando xestións e maximizando a accesibilidade e publicidade da mesma. Na actualidade interconectada coa Plataforma de Contratación do Sector Publico.
  • Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).  Ofrece a emisión de certificados de contratistas, evitando a presentación de documentación análoga por parte das empresas o que facilita a tramitación de concursos públicos mellorando a concorrencia dos mesmos. Actualmente atópase en camiño cara a  integración co Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público (ROLECSP).
  • Sistema de Licitación Electrónica (SiLEX). Ofrece a máxima dispoñibilidade, eficiencia e transparencia do proceso de licitación. Proximamente integrado coa Plataforma de Contratos Publicos de Galicia (PcPG).
  • Sistema Electrónico de Facturación (SEF). Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas de Galicia que permite a presentación telemática de facturas, a xestión e seguimento dos estados de tramitación para a simplificación de trámites de facturación e o aforro de custos a administracións e empresas así como os intercambios de información necesarios cos Sistemas Económicos- Financeiros das entidades.

Como solicitar os servizos?

Para poder solicitar calquera dos servizos integrados no Nodo de Contratación Pública de Galicia debera seguir as instrucións indicadas na información específica de cada servizo (ficha do servizo no catálogo de servizos de Eidolocal), á que pode acceder a través da opción "Servizos" do menú principal do portal Eidolocal, consulta por "Áreas temáticas" – "Administración pública"- "Contratación pública" ou pode acceder directamente á información premendo a continuación no recadro correspondente ao/s servizo/s que lle interese:

Características da Xestión electrónica realizada polo nodo de contratación

  • Integral xa que abarca de extremo a extremo todo o proceso de contratación electrónica
  • Integrada xa que inclúe as administracións galegas na mesma solución, ofrecendo unha visión unificada e cohesionada da contratación pública galega
  • Transparente, durante todo o proceso, favorecendo a publicidade e a accesibilidade ás licitacións
  • Información, ofrece información global de contratación pública en Galicia, tanto para a empresa como para a propia administración.
  • Eficiente e eficaz xa que permite minimizar os custes de contratación tanto para as administracións como para os licitadores

 

Vantaxes

A posta en marcha do Nodo de Contratación Pública de Galicia quere dar a entender a Contratación Pública como elemento dinamizador do tecido económico galego, facendo especial fincapé en achegar as posibilidades que ofrece a licitación electrónica ás PeMEs galegas.

 
EMPRESAS
  • Ofrece máis oportunidades aos licitadores permitindo aproveitar as vantaxes do mercado dixital.
  • Facilita un maior coñecemento e maiores posibilidades de acceso ás licitacións para as empresas especialmente PeMEs
  • Aforro de tempo na fase de licitación,  interoperabilidade redución de cargas, redución de prazos de cobro de facturas

 

 
AAPP
  • Centralización da información da contratación pública Galega aportando información de valor ás administración públicas galegas.
  • Eliminación de barreiras xeográficas, mellora a cohesión e integración nos mercados de contratación.
  • Mellora da transparencia, a publicidade, a seguridade e accesibilidade dos procesos de contratación.
  • Maximiza a dispoñibilidade e eficiencia do proceso.
  • Incrementa a concorrencia competitiva de licitadores. 
  • Flexibilidade e adaptación ás súas necesidades, podendo utilizar todos os servizos do nodo ou soamente os que fagan falta.

 

 
CIDADANÍA
  • Claro beneficio para a cidadanía derivado da mellora da calidade do servizo público, xerando un aforro de custos directos e indirectos e contribuíndo ao coidado do medio ambiente.