Plan eConcellos

Plan eConcellos

O Plan eConcellos nace no ano 2010 como vehículo para a consecución dos obxectivos de modernización das Administracións Locais galegas. Actualmente existen diversas iniciativas de administración electrónica nas Entidades Locais galegas, pero é fundamental a coordinación entre as entidades locais e autonómica para:

  • O aproveitamento das experiencias, sistemas e iniciativas existentes, así como para evitar inversións redundantes.
  • Apoiar a xestión interna dos concellos a través de medios que garantan a simplificación e flexibilidade na xestión.
  • Facilitar un grao de soporte tecnolóxico óptimo e economicamente sostible nos concellos de Galicia orientado a tres niveis: infraestruturas, servizos e aplicacións.

O Plan eConcellos sentou as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da administración electrónica nas Administración Locais galegas no marco da lei 11/2007, do 22 de Xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos e está orientado a todos/as os/as participantes da Administración local de Galicia (Deputacións Provinciais, Cidades, Concellos, Mancomunidades e outras entidades locais) e en especial a aqueles grupos nos que se detecta unha maior dificultade e menor desenvolvemento da eAdministración.

Para impulsar o desenvolvemento coordinado no eido da eAdministración en Galicia, asínase en Setembro de 2009 o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia ' co fin de establecer un marco de colaboración permanente que permita a coordinación das actuacións que se van a realizar na Comunidade Autónoma para a implantación dos servizos de eAdministración. Este convenio foi prorrogado a través de diversas adendas ata o 9 de xullo de 2018 e finalmente sustituido polo Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia.

Para coñecer o alcance das actuacións que se levaron a cabo no Plan eConcellos, o marco legal e extratéxico no que se desenvolveu e os principais beneficios derivados do desenvolvemento do plan, pode consultar o seguinte documento resumo: Plan eConcellos.

Co obxectivo de dar continuidade ás iniciativas recollidas no Plan de Modernización, elaborase o Plan de Administración e Goberno Dixitais. Horizonte 2020

O "Plan de Administración e Goberno Dixitais" é a continuación directa do "Plan de Modernización 2010", tódalas liñas de traballo nel iniciadas seguen sendo válidas e requiren de continuidade na súa implantación.

A modernización da Administración debe ser entendida non só como acadar a Administración electrónica, senón que debe seguir a través da consolidación e evolución dos proxectos emprendidos, pero dirixíndose cara unha Administración dixital, que fai uso das TIC para aportar valor á sociedade.

A concreción de iniciativas do plan agrúpase en tres dimensións:

  • Madurez electrónica: A consolidación da Administración electrónica é un camiño que debe afrontarse neste novo plan e require de actuacións que reforcen e potencien as liñas de traballo xa iniciadas para acadar máis servizos, máis calidade e máis uso.
  • Innovación na Administración: As tecnoloxías dixitais cada vez ofrécennos máis capacidades, o que nos permite tamén afrontar novos retos e concibir aproximacións innovadoras da actividade das Administracións públicas. O Plan continuará coa transformación que permitirá desenvolver unha nova Administración máis próxima á sociedade.

Unha Administración máis próxima, debe coñecer á sociedade e aproveitar ese coñecemento para xerar todo o valor posible e grazas a iso atopar modelos sustentables de actividade.

A innovación refírese ao cambio en procesos e servizos, que actúen como motor de transformación: aplicación de ideas e prácticas novas para a Administración para xerar valor social, a través do entendemento da cidadanía e a mellora dos servizos públicos.

  • Instrumentos de transformación: Os avances en aspectos procedimentais, normativos e tecnolóxicos, e os logros acadados no anterior plan, deben ser utilizados e potenciados, creando novos instrumentos que maximicen a obtención de resultados. Do estudo das leccións aprendidas deben derivar iniciativas que habiliten, guíen e aceleren a consecución dos obxectivos perseguidos polo plan.

Pode coñecer o detalle do plan no seguinte enlace: Plan de Admistración e Goberno Dixitais. Horizonte 2020