Proxecto europeo "Comunidade de traballo Galicia Norte de Portugal"

O proxecto está integrado dentro do programa de Cooperación Transfronteriza España Portugal 2007-2013, foi aprobado na reunión do Comité de Xestión de 28 de xaneiro de 2009 da primeira convocatoria, e ten un orzamento de 750.000€, e a contribución comunitaria ao mesmo é de 562.500€.

Beneficiarios

  • CCDRN - Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte: 183.333,33 € (FEDER: 137.500,00€)
  • Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea: 4666.666,67€ (FEDER: 350.000,00€)
  • Dirección Xeral de Administración Local: 100.000,00€ (FEDER: 75.000,00€) 
  • O novo cadro comunitario para o período comprendido no ano 2007-2013, identifica e prioriza os seguintes espazos da nova Cooperación Transfronteiriza 2007-2013, o Interreg IV indica distintas áreas de cooperación;
  • A área de cooperación Galicia-Norte de Portugal encadra os seguintes ámbitos estratéxicos:
  • Cooperación no ámbito mariño
  • Internacionalización das PYMES da Eurorexión (Promoción da Innovación e da competitividade)
  • Protección ambiental e desenvolvemento sostible
  • Fomento da Cooperación e Integración Social e Cultural

Definición

O proxecto consiste no deseño e execución dun programa transfronteirizo de impulso Fomento da Cooperación e Integración Social e Institucional 

Os obxectivos estratéxicos do proxecto son

  1. Aumentar a atracción da euro-rexión baseada no reforzo da cohesión territorial, económica e social, con accións innovadoras na cooperación transfronteiriza institucional sobre diversos dominios e temáticas
  2. Desenvolver servizos comúns na euro-rexión, a través da elaboración de estudos e propostas para a xestión integrada de equipamentos, estruturas e territorios compatibilizando instrumentos de ordenación do territorio
  3. Crear Instrumentos de xestión da cooperación de segunda xeración, constituíndo unha AECT Galicia Norte de Portugal, (Agrupación de de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal)
  4. Promover o establecemento e consolidación de redes de cooperación intermunicipal nos campos da xestión, ordenamento do territorio, desenvolvemento empresarial e da integración social
  5. Identificar modelos innovadores de xestión municipal. Marcados por criterios de eficiencia, racionalización e simplificación de procedementos, visando unha maior eficacia da organización municipal

Posibles servizos a xestionar

  • Catalogo de Servizos, culturais, sociais, deportivos etc...
  • Actividades susceptibles de ser desenvolvidas a ambos lados da fronteira por parte dos/as cidadáns/ás e empresas transfronteirizos acometendo investimentos de caracter inmaterial para ofrecer estes servizos, mediante xestión conxunta e utilización  dun carnet usuario/a común.
  • Creación e rehabilitación de oficinas públicas con dotación de medios materiais e humanos (reordenación de efectivos existentes dentro dos concellos)      
Web do proxecto transfronteirizo