Ficha biblioteca

Noticia Publicada a Relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación08/11/2018 FuenteBOE
Taxonomía
TemasAdministración local, Empleo Tipo de contenidoNoticias, Concurso/oposición, Normativa ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesAdministración General del Estado Ámbitos geográficosNacional
Imagen del contenido
Descripción A dirección xeral de Función Pública publica a Resolución do 24 de outubro de 2018, pola que se publica a relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
Detalles contenido
Publicada a Relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional A dirección xeral de Función Pública publica a Resolución do 24 de outubro de 2018, pola que se publica a relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional
08/11/2018|BOE

Resolución do 24 de outubro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

En uso das atribucións conferidas polo Real Decreto 863/2018, do 13 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, esta Dirección Xeral ha resolvido:

Dar publicidade aos méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, acreditados e inscritos no Rexistro Integrado de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional á data da presente Resolución, e valorados de acordo co establecido no artigo 1 e na Disposición Transitoria da citada Orde do 10 de agosto de 1994.

Devanditos méritos xerais inclúense como Anexo á presente Resolución e daráselles publicidade na páxina web do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, área Temática de Función Pública, Apartado Funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional: http://www.seat.mpr.gob.es/portal/index.html, así como nas dependencias da Dirección Xeral da Función Pública, ( C/ Manuel Cortina, 2, Madrid).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición no prazo dun mes, ante esta Dirección Xeral ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a elección dos interesados, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ou o correspondente á circunscrición onde teñan o seu domicilio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así como nos artigos 10.1 i) e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa e sen prexuízo de calquera outro recurso que se puidese interpoñer.

Anexos. relación ; individualizada de méritos xerias

 
Temas:Administración local, Empleo
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Administración General del Estado
Ámbitos geográficos:Nacional
Valorar:
Enviar