Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do portal da Administración Local de Galicia.

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018
    • Na páxina da biblioteca existen diferentes erros que poden dificultar o uso de produtos de apoio para navegar pola páxina que afectan a diferentes requisitos como: 9.1.1.1 Alternativas textuais, 9.3.3.2 Etiquetas ou instruccións, 9.2.4.7 Foco visible de EN 301549 v2.1.2 – 2018
    • Tamén existen problemas no código fonte por mor de facer uso de identificadores repetidos ou da identificación correcta do idioma nalgúns contidos que afectan aos requisitos 9.4.1.1 Procesamento e 9.3.1.2 Idioma das partes de EN 301549 v2.1.2 – 2018
    • A activación de xanelas modais só co teclado non é funcional nalgúns casos o que pode provocar perdas de información [requisito número 9.2.1.1 Teclado de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.

 

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 12 de maio de 2020

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Última revisión da declaración: 12 de maio de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia

Procedemento de aplicacións

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional