Portal de Transparencia Local de Galicia
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, susténtanse en tres piares fundamentais: ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, incluídas as entidades locais.
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ten entre as súas finalidades, servir de apoio e axuda aos concellos galegos para acadar o grao de transparencia establecido pola actual normativa especialmente naqueles concellos que carecen de medios suficientes para facer fronte a estes retos.
Con este obxectivo, o 10 de decembro de 2015 foi habilitada unha plataforma web como instrumento para facilitar a todos os concellos galegos a aplicación das súas obrigas en materia de transparencia e facilitar a consulta da información relativa á actividade da Administración local.
Para continuar afondando no impulso e mellora da transparencia no ámbito local de Galicia, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e a FEGAMP subscribiron o 18 de xullo de 2016 un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para, entre outras actuacións, abordar o redeseño do Portal de Transparencia local e facilitar así un aproveitamento mais eficiente do mesmo e que mellor resposte ás necesidades e peculiaridades dos concellos de Galicia tanto organizativas como de funcionamento así como as demandas dos seus veciños.
Así pois, a través da nova Plataforma, os concellos galegos poden, de xeito gratuíto, volcar toda a información en materia de transparencia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local e as recomendacións e boas prácticas das principais organizacións en materia de transparencia.
Posibilitase pois a ampliación da transparencia da actividade pública local, facilitando a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso fomentando o achegamento á cidadanía das institucións, como unha ferramenta de mellora da calidade democrática.
Por último, a través do novo Portal facilitase a presentación das solicitudes de acceso á información público no respectivo concello, así como unha serie de manuais, guías prácticas, preguntas frecuentes e outros documentos de interese local coa finalidade de fomentar a capacitación, a cultura e os valores propios da transparencia nos concellos por ser a administración mais próxima á cidadanía.
En concreto, as entidades locais que soliciten o alta no portal de transparencia local de Galicia, terán acceso a:
- Unha Guía practica de transparencia: guía na que se orienta ás entidades locais sobre qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada, sobre as obrigas legais das administracións locais e sobre o dereito do cidadán a estar axeitadamente informado en todo momento.
- Distintos modelos de formularios e resolucións municipais a empregar no exercicio da transparencia.
BUSCADOR DE PORTAIS DE TRANSPARENCIA LOCAL
| Provincia | Entidade |
|---|---|
| A Coruña | A Baña |
| A Coruña | Abegondo |
| A Coruña | Aranga |
| A Coruña | Arzúa |
| A Coruña | As Pontes de García Rodríguez |
| A Coruña | Bergondo |
| A Coruña | Boimorto |
| A Coruña | Boqueixón |
| A Coruña | Brión |
| A Coruña | Cabana de Bergantiños |
| A Coruña | Carballo |
| A Coruña | Cariño |
| A Coruña | Carral |
| A Coruña | Cerceda |
| A Coruña | Cerdido |
| A Coruña | Coristanco |
| A Coruña | Culleredo |
| A Coruña | Curtis |
| A Coruña | Fisterra |
| A Coruña | Irixoa |
| A Coruña | Laxe |
| A Coruña | Lousame |
| A Coruña | Malpica de Bergantiños |
| A Coruña | Mañón |
| A Coruña | Mazaricos |
| A Coruña | Miño |
| A Coruña | Monfero |
| A Coruña | Muxía |
| A Coruña | Neda |
| A Coruña | Negreira |
| A Coruña | Padrón |
| A Coruña | Ponteceso |
| A Coruña | Pontedeume |
| A Coruña | Rianxo |
| A Coruña | Ribeira |
| A Coruña | Santa Comba |
| A Coruña | Santiago de Compostela |
| A Coruña | Sobrado |
| A Coruña | Touro |
| A Coruña | Val do Dubra |
| A Coruña | Vedra |
| A Coruña | Vilarmaior |
| A Coruña | Vimianzo |
| A Coruña | Zas |
| Lugo | A Pobra do Brollón |
| Lugo | A Pontenova |
| Lugo | Abadín |
| Lugo | Baleira |
| Lugo | Burela |
| Lugo | Cervo |
| Lugo | Chantada |
| Lugo | Lourenzá |
| Lugo | Mondoñedo |
| Lugo | O Corgo |
| Lugo | Taboada |
| Lugo | Trabada |
| Lugo | Xermade |
| Lugo | Xove |
| Ourense | Avión |
| Ourense | Boborás |
| Ourense | Gomesende |
| Ourense | Muíños |
| Ourense | O Pereiro de Aguiar |
| Ourense | Ribadavia |
| Ourense | San Cibrao das Viñas |
| Ourense | Taboadela |
| Ourense | Toén |
| Pontevedra | A Lama |
| Pontevedra | Agolada |
| Pontevedra | Arbo |
| Pontevedra | Caldas de Reis |
| Pontevedra | Cangas |
| Pontevedra | Crecente |
| Pontevedra | Meaño |
| Pontevedra | Mos |
| Pontevedra | O Porriño |
| Pontevedra | O Rosal |
| Pontevedra | Poio |
| Pontevedra | Ponte Caldelas |
| Pontevedra | Pontecesures |
| Pontevedra | Pontevedra |
| Pontevedra | Redondela |
| Pontevedra | Salvaterra de Miño |
| Pontevedra | Silleda |
| Pontevedra | Soutomaior |
| Pontevedra | Tomiño |
