Iniciativas para as entidades locais

Este espazo pretende converterse nun instrumento de comunicación, divulgación e promoción das diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia de cara ás administracións locais:

  • Plan eConcellos, plan deseñado no ano 2010, no marco do Plan de Modernización da Administración Pública, co obxectivo de conseguir a modernización das Administracións Locais Galegas. Actualmente dase continuidade a estes obxectivos no marco do Plan de Administración e Goberno  Dixitais. Horizonte 2020.
  • Proxecto Comunidade de traballo Galicia Norte de Portugal, orientado á realización das actividades de posta en marcha de novos modelos de xestión de servizos colectivos de proximidade, incorporando a posibilidade de xestionar conxuntamente os equipamientos sociais, culturais e deportivos de municipios transfronterizos de Galicia e o Norte de Portugal.