Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0.0)
Espazo de transparencia local
Datos servizo
Data modificación 01/06/2017
Proveedor/a / responsable do servizo Xunta de Galicia, Amtega
Datos contacto dúbidas CAU (Tlf. 881 995 300, Fax. 981 545452, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Imaxe do contido
Taxonomía
Descrición

Espazo web que a Xunta por a disposición das Entidades locais co obxectivo de que poidan ampliar a transparencia da súa actividade pública e que aglutina dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso determinado tipo de información.

Máis información

A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, susténtase en tres piares fundamentais : o primeiro , ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública,o segundo, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e terceiro,establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.

Para contribuír ao cumprimento dos dous últimos piares a FEGAMP elaborou o Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais o cal, pretende ser un complemento da lexislación estatal na materia, e un instrumento que amplíe e ao tempo facilite a aplicación das esixencias para as entidades locais que fixa a Lei.

Este espazo de transparencia nace co obxectivo de ampliar a transparencia da actividade pública dos Entes Locais, que é o primeiro dos piares da lei. Nel se aglutina determinado tipo de información actualizada referida a actividade dos mesmos, facilitando así a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso.

Esta información atopase clasificada nas seguintes seccións:

1. Institución, organización, planificación e persoal
2. Altos cargos e persoal directivo
3. Xurídica e patrimonial
4. Contratación, convenios e subvencións
5. Económica, financeira e  orzamentaria
6. Servizos e procedementos 

 

Tecnicamente trátase dunha plataforma en modelo Cloud adaptada ao RD Lex 3/2011 e á Lei 11/2007, garantindo o cumprimento dos máximos estándares de seguridade e LOPD.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a FEGAMP veñen de subscribir, o 18 de xullo de 2016, un Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo, para o impulso, difusión e a mellora da transparencia no ámbito local de Galicia.

Neste marco, e de cara a facilitar o cumprimento polos concellos da Lei 9/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo goberno, ábrese un espazo colaborativo onde os concellos poderán enviar as suxestións que consideren oportunas de cara á mellora deste espazo de transparencia local, a través dun formulario web ao que pode acceder aquí: Formulario de suxestións sobre o espazo de transparencia local.

Se desexa máis información sobre o servizo pode poñerse en contacto co CAU da Xunta a través do telefono  881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

 

Información subscrición
Datos contacto subscrición CAU (Tlf. 881 995 300, Fax. 981 545452, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Datos contacto dúbidas CAU (Tlf. 881 995 300, Fax. 981 545452, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Descrición proceso

1 - Cumprimentar e asinar polo Alcalde/sa ou Presidente/Presidenta da entidade a solicitude de alta que figura nesta páxina no apartado “Contido relacionado” e remitila ao CAU (cau-periferico@xunta.gal ou fax: 981 545452). 2 - Unha vez recibida a solicitude na Xunta, os administradores do portal EidoLocal lle asignará o permiso de “Transparencia” (que permite a edición do espazo de transparencia da entidade local) aos usuarios alcalde/sa e secretario/a da entidade local, os cales poderán editar o contido do espazo ou asignarlle o permiso a outros usuarios da súa entidade local (a través da xestión de usuarios do portal) para que xestionen eles o espazo. 3 - O espazo de transparencia da entidade local non será público (visible na parte pública de Eidolocal) ata que, unha vez cargada a información pola entidade local no seu espazo transparencia de Eidolocal, a entidade o solicite ao CAU mediante modelo dispoñible nesta páxina no apartado "Contido relacionado"

Contido relacionado
Identificador Formato Nome Descrición
24582 Documento Solicitude alta/baixa/publicar/despublicar Espazo transparencia de eidolocal Solicitude alta/baixa/publicar/despublicar Espazo transparencia de eidolocal
24581 Documento Guía rápida Espazo de transparencia Nesta guía se describen as principais funcionalidades que ofrece o Espazo de Transparencia
350 Enlace Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno Esta Lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular...
24620 Documento Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais O presente Plan de Transparencia e Bo Goberno para Entidades Locais da Fegamp pretende ser...
Compartir por correo electrónico