Ficha biblioteca

Noticia Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios ou a industria
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/09/2019 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración electrónica, Ciencia y tecnología, Tecnología y telecomunicaciones Tipo de contenidoNoticias, Proyectos y planes ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Feijóo incide en que Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispor dos servicios avanzados do 5G que posibilitarán: a calidade dos servizos públicos, incrementar a competitividade das empresas e as cidades intelixentes
Detalles contenido
Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios ou a industria Feijóo incide en que Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispor dos servicios avanzados do 5G que posibilitarán: a calidade dos servizos públicos, incrementar a competitividade das empresas e as cidades intelixentes
10/09/2019|Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.

Durante o acto esta mañá de presentación do Piloto 5G, déronse a coñecer os 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a exploración e diagnóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas nas que xa están a traballar os principais operadores adheridos ao Nodo 5G do plan da Xunta.

“En total desenvolveranse 17 proxectos en Galicia de uso en ámbitos de especial interese para a nosa comunidade”, abundou, incidindo en que, despois de que en xuño, Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades en contar con redes 5G de España, Galicia é hoxe, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades que acollerán o desenvolvemento dos primeiros pilotos 5G subvencionados por Red.es.

“Todas estas decisións que implican a operadores e administracións públicas non son fortuítas, senón que responden ao interese de Galicia e as súas administracións por esta nova tecnoloxía e ao traballo desenvolvido para situarnos como territorio preferente para acollela”, afirmou, facendo fincapé en que non é casual que a comunidade fose a única que presentou a esta convocatoria candidaturas dos tres principais operadores, sendo o de Telefónica o finalmente seleccionado.

Conscientes de que tecnoloxías emerxentes como o 5G permitirán desenvolver novos modelos de negocio e consolidar a especialización tecnolóxica da Comunidade, Feijóo incidiu en que Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispor dos servicios avanzados do 5G, que permitirán mellorar aspectos como a calidade dos servizos públicos, incrementar a competitividade das empresas e favorecer o desenvolvemento de cidades intelixentes e vehículos conectados.

Con este obxectivo, subliñou que Galicia foi a primeira comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión desta tecnoloxía: o Plan Galicia 5G. Unha folla de ruta que traballa xa para facilitar aos municipios un modelo de ordenanza tipo que axilice os despregues e, posteriormente, elaborar un catálogo de solucións técnicas para a extensión do 5G en núcleos históricos e contornas protexidas.

Así mesmo, e para consolidar o ecosistema 5G galego, Feijóo confirmou que esta mesma semana empeza o primeiro curso de especialista en tecnoloxías de quinta xeración, con 200 horas lectivas e a participación de expertos do mundo empresarial.

Feijóo concluíu lembrando que a aposta da Administración autonómica polas infraestruturas capaces de mellorar a nosa conectividade, fai posible que Galicia sexa a terceira comunidade con mellor cobertura 4G; e que o 98% da poboación teña acceso a internet a través de redes fixas e sen fíos.

Temas:Administración electrónica, Ciencia y tecnología, Tecnología y telecomunicaciones
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Enviar