Ficha biblioteca

Noticia A Deputación da Coruña colabora cos concellos de Ames, Brión, Padrón, Santiago e Dodro para impulsar un proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/10/2019 FuenteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Turismo Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesDiputación de A Coruña Ámbitos geográficosA Coruña
Descripción O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, reuniuse cun grupo de representantes de concellos que participan no proxecto
Detalles contenido
A Deputación da Coruña colabora cos concellos de Ames, Brión, Padrón, Santiago e Dodro para impulsar un proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, reuniuse cun grupo de representantes de concellos que participan no proxecto
10/10/2019|Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña colabora cos concellos de Ames, Brión, Padrón, Dodro e Santiago de Compostela para impulsar un proxecto de sinalización turístico intelixente da Ruta Rosaliana co obxectivo de mellorar a imaxe, modernizar o sistema de información e facer máis accesíbel un recurso de especial interese turístico creado arredor do territorio biográfico e literario de Rosalía de Castro.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, reuniuse esta mañá con representantes dos concellos implicados para avanzar na definición e no sistema de financiamento do proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana.

Na xuntanza, decidiuse que as institucións participantes asinarán un convenio de colaboración intermunicipal para botar a andar un proxecto que mellorará a imaxe de calidade da ruta, empregará códigos QR para ofrecer información online de recursos e mapas, incorporará beacons para ofrecer produtos e servizos personalizados a través do teléfono móbil e ofrecerá acceso á reserva de aloxamentos, restaurantes e actividades antes da viaxe ou no destino.

A iniciativa dotará dunha tecnoloxía avanzada a turistas dixitais que queiran recibir a información nos seus dispositivos e poidan acceder a servizos para a preparación da súa viaxe. Contempla así un plan integral de sinalización turística peonil coa actualización dos soportes e a incorporación de novas tecnoloxías para a sinalización intelixente.

"A Ruta Rosaliana é un recurso de especial interese cultural e turístico que ten unha grande potencialidade e queremos que se adapte aos novos sistemas de información e comunicación de maneira que se amplíe a súa difusión e a súa accesibilidade", sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

O proxecto contempla a análise e diagnóstico da situación actual da ruta e a elaboración do plan director da sinalización e o desenvolvemento do novo sistema de destino turístico intelixente conectado.

Temas:Administración local, Turismo
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Diputación de A Coruña
Ámbitos geográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contenido