1. Acción 1ª: asistencia económica
Co obxecto de garantir o financiamento aos concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes para a contratación ou nomeamento de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ao de traballador/a social.
2. Acción 2ª: asistencia técnica e xurídica
En materia de servizos sociais, complementaria da asistencia económica. Esta prestación levarase a cabo por persoal da área de Benestar da Deputación, consistindo na emisión de informes técnicos e xurídicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase de xeito prioritario ás entidades locais correspondentes a áreas rurais de menos de 5.000 habitantes e rurais de alta dispersión.
Procedemento de adhesión dos concellos e mancomunidades.
Ao abeiro do establecido na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artigo 14.2, a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria que a presentación de solicitudes sexa conforme co previsto nesta base.
Os concellos e mancomunidades interesados en participar no programa deberán comunicarlle a súa adhesión á Deputación Provincial, mediante resolución da Alcaldía (ou órgano delegado, se é o caso), na que se manifeste expresamente a asunción das obrigas e compromisos previstos no Programa, para o que deberán utilizar obrigatoriamente os modelos facilitados pola Deputación e que deberán ser descargados na aplicación informática http://benourense.depourense.es
O prazo de presentación da adhesión será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.
Convocatoria completa