Ficha biblioteca

Noticia Aberto o prazo de inscrición para a primeira edición dixital da Semana Europea das Rexións e Cidades
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación14/09/2020 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosInternacional
Descripción O período de inscrición para asistir á #EURegionsWeek está aberto até o 27 de setembro de 2020
Detalles contenido
Aberto o prazo de inscrición para a primeira edición dixital da Semana Europea das Rexións e Cidades O período de inscrición para asistir á #EURegionsWeek está aberto até o 27 de setembro de 2020
14/09/2020|Xunta de Galicia

A Semana Europea das Rexións e Cidades (#EURegionsWeek), o evento de referencia en política e iniciativas rexionais e urbanas este ano, debido á situación provocada pola covid-19 será íntegramente virtual e ampliará a súa programación durante tres semanas.


Máis de 500 sesións virtuais comporán a Semana Europea das Rexións e Cidades, que este ano durará dúas semanas máis, do 5 ao 22 de outubro do 2020. Cada unha das semanas deste evento, organizado de forma conxunta polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, estará dedicada a un tema: empoderamento dos cidadáns, cohesión e cooperación rexional, e Europa verde. Responsables políticos, xestores, investigadores, xornalistas e cidadáns en xeral están chamados a participar nestes seminarios nos que se abordarán retos comúns a todas as rexións e cidades europeas.

Varias sesións contarán con participación galega, como os dous seminarios organizados pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) o 6 de outubro, destinados a fomentar o debate sobre como desbloquear a innovación rexional a través de redes multiactor e sobre como preparar ao sistema educativo para responder ás novas habilidades que require o mercado de traballo.

Pola súa banda, o Grupo Interrexional do Automóbil do Comité Europeo das Rexións, no que participa Galicia, organiza o día 14 un seminario sobre como apoiar a transformación verde e dixital do sector automobilístico.

Este ano, debido á covid-19 todas as sesións serán retransmitidas online, fóra dalgunhas delas que se celebrarán en formato híbrido (físico e online) con aforamento limitado. A inscrición a este evento é gratuíta e, para realizala, é necesario rexistrarse no servizo de autentificación ECAS da Comisión Europea. O prazo de inscrición finaliza o 27 de setembro de 2020.

O pasado ano a Fundación Galicia Europa celebrou, por primeira vez, unha edición do seu programa de especialización TecEuropa coincidindo coa Semana Europea de Rexións e Cidades. Desta forma, 20 xestores de fondos europeos de entidades galegas puideron asistir presencialmente a este evento co asesoramento da FGE. A situación provocada pola pandemia impide a repetición desta edición especial pero a Fundación Galicia Europa continúa co seu compromiso de fomentar e ofrecer asesoramento para a participación galega na #EURegionsWeek.

Doutra banda, a FGE prevé organizar en novembro unha edición clásica de TecEuropa integramente online que estará centrada no novo período financeiro 2021- 2027.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Internacional
Valorar:
Compartir contenido