Ficha biblioteca

Noticia A Deputación reforza o seu compromiso coa formación e co emprendemento a través do VI Coworking de Barro e da III aceleradora de Turismo
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación15/09/2020 FuenteDeputación de Pontevecdra
Taxonomía
TemasAdministración local, Empleo, Economía gallega Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesDiputación de Pontevedra Ámbitos geográficosPontevedra
Descripción En canto ao sexto coworking de Barro será, ao igual que o anterior, online por mor da pandemia.
Detalles contenido
A Deputación reforza o seu compromiso coa formación e co emprendemento a través do VI Coworking de Barro e da III aceleradora de Turismo En canto ao sexto coworking de Barro será, ao igual que o anterior, online por mor da pandemia.
15/09/2020|Deputación de Pontevecdra

"Somos moi conscientes de como a pandemia afecta á economía e por iso imos facer un esforzo, aínda maior do que xa facíamos, para que os nosos recursos se dediquen á formación e ao emprendemento", asegurou a presidenta Carmela Silva na presentación da sexta edición do coworking de Barro e da terceira aceleradora de turismo. Silva, que amosou o "total apoio" do seu goberno para "converter ideas e proxectos en economía e creación de emprego", informou que serán un total de 25 os proxectos beneficiarios de ambas iniciativas cuxo prazo de inscrición abre hoxe mesmo a través das webs da EOI e de SmartPeme.

En canto ao sexto coworking de Barro será, ao igual que o anterior, online por mor da pandemia. Neste caso, a presidenta informou que o programa, para o que se pode solicitar xa praza (https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/pontevedra-presencia-virtual-online-6a-edicion), dará cabida, de xeito gratuíto e entre outubro de 2020 e marzo de 2021, a 20 proxectos emprendedores da provincia "en fase temperá de desenvolvemento ou creados recentemente".  Concretamente Silva destacou que para esta sexta edición os proxectos "deberán estar enmarcados na dixitalización, a transición cara unha economía sustentable, a aposta polo I+D+i e as novas tecnoloxías".

Os proxectos que participen na nova edición do coworking recibirán un programa de asesoramento personalizado para potenciar as competencias en emprendemento e en xestión de proxectos así como para validar os seus modelos de negocio. Tamén contarán con sesións de formación sobre Lean Start Up, crowfunding, estratexias de comunicación en redes sociais, creatividade e innovación, a posta en marcha dun plan de marketing dixital, finanzas, habilidades de comunicación e xestión do talento.

Polo que respecta á III aceleradora de Turismo, serán cinco os proxectos que se beneficien deste programa para a que se pode solicitar xa praza (ata o 15 de outubro) na web de SmartPeme. "Trátase dunha forte aposta polo sector turístico, máis agora coa pandemia, xa que sabemos que este sector é o que máis está a sufrir as súas consecuencias", asegurou Carmela Silva quen detallou que a aceleradora proporcionará unha formación e seguimento "moi exhaustivo e personalizado" ás iniciativas empresariais. Concretamente a presidenta explicou que o programa achega formación relativa á tecnoloxía, imaxe dixital e competitividade así como sobre innovación, oportunidades na promoción e comercialización, marketing dixital e finanzas.

A presidenta recordou que nas dúas primeiras convocatorias da aceleradora de turismo presentáronse máis de 50 candidaturas para as 10 prazas ofertadas e que, dos cinco proxectos que participaron na última edición todos permanecen en activo e seguen a recibir asesoramento do programa SmartPeme.

Temas:Administración local, Empleo, Economía gallega
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Diputación de Pontevedra
Ámbitos geográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contenido