Ficha biblioteca

Noticia A Deputación de Lugo abre o prazo para que os concellos presenten proxectos do Plan Único 2021
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación13/01/2021 FuenteDeputación de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivienda y transporte Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesDiputación de Lugo Ámbitos geográficosLugo
Descripción Os 67 municipios da provincia, que terán un mes, ata o 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar con maior previsión e tempo grazas á axilidade do Goberno provincial na aprobación das bases do programa, que publicou o BOP
Detalles contenido
A Deputación de Lugo abre o prazo para que os concellos presenten proxectos do Plan Único 2021 Os 67 municipios da provincia, que terán un mes, ata o 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar con maior previsión e tempo grazas á axilidade do Goberno provincial na aprobación das bases do programa, que publicou o BOP
13/01/2021|Deputación de Lugo
O plan presenta como novidades a subida da dotación económica ata os 21,5M€, a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano e a apertura dunha nova vía de apoio ao sector servizos
 

A Deputación de Lugo abre hoxe, 12 de xaneiro, o prazo para que os 67 concellos da provincia presenten os proxectos do Plan único 2021. As entidades locais, que terán un mes, ata o día 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar cunha maior previsión grazas á axilidade do Goberno provincial, que, por primeira vez dende que existe o plan, aprobou as bases no ano anterior ao seu período de vixencia. Isto permitiralles aproveitar mellor os recursos, pois terán máis tempo para acometer as diferentes actuacións e poderán comezar as obras na primavera verán, a época propicia para facelas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases deste programa, que presenta como novidades a subida da dotación económica ata os 21,5M€, unha decisión coa que o Goberno reforza o principal instrumento de cooperación da Deputación cos concellos, nun ano no que teñen máis necesidades polos efectos da crise sanitaria, sobre todo aqueles máis pequenos nos que boa parte da actividade depende dos recursos económicos aportados pola institución provincial. O incremento progresivo do Plan único tamén cumpre co recollido no pacto de Goberno. 

Outra das novidades do Plan único 2021 é a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano, o que favorecerá a creación de postos de traballo. Esta medida terá carácter permanente, pero este ano será especialmente importante para contribuír á recuperación do mercado laboral.

Así mesmo, dentro da liña Covid do Plan único, a Deputación abriu unha nova vía para que os concellos poidan apoiar ao sector servizos –hostalería, comercio e turismo-, actividades que resultaron das máis gravemente afectadas polo impacto da pandemia e que son o músculo da actividade económica da provincia. 


Criterios públicos e obxectivos
O Plan único 2021 mantén polo demais a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos habitantes.


Distribución de fondos por concello

http://www.deputacionlugo.gal/temas/cooperacion_concellos/plan_unico/2021

 

Temas:Administración local, Territorio, vivienda y transporte
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Diputación de Lugo
Ámbitos geográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contenido