Ficha biblioteca

Noticia A EGAP publica hoxe no DOG 18 actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP)
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación22/02/2024 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Economía gallega Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia, e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG
Detalles contenido
A EGAP publica hoxe no DOG 18 actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia, e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG
22/02/2024|DOG

Convocatoria completa

Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, das entidades locais de Galicia, e da administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe Persoal destinatario da actividade formativa.

 Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web

Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 4 de marzo de 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Modalidade/ Localidade

Data de inicio

Data de fin

Data do exame final

A elaboración dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia

40

35

Aproveitamento

Mixto
Teleformación + Telepresenza

Do 15.5.2024 ao 21.6.2024

Sesións de telepresenza: 15, 22, 29 de maio e 5 de xuño, das 16.30 ás 19.30 horas; e 12 de xuño, das 16.30 ás 18.30 horas

27.6.2024

18.00 horas

A potestade sancionadora e o delito fiscal: principios e procedemento

50

30

Aproveitamento

Teleformación

15.4.2024

12.5.2024

16.5.2024

17.00 horas

A reforma do sistema de financiamento autonómico: retos e oportunidades

40

25

Aproveitamento

Mixto
Teleformación + Telepresenza

Do 3.6.2024 ao 23.6.2024

Sesións de telepresenza: 3, 5, 10 e 12 de xuño, das 16.30 ás 18.30 horas

27.6.2024

19.00 horas

A xestión das subvencións públicas en Galicia

40

40

Aproveitamento

Mixto
Teleformación + Telepresenza

Do 15.4.2024 ao 15.5.2024

Sesións de telepresenza: 18 e 25 de abril; 2 e 9 de maio das 17.00 ás 19.30 horas

20.5.2024

17.00 horas

A xestión do mecanismo de recuperación e resiliencia e os plans de prevención da fraude, a corrupción e o conflito de intereses

50

25

Aproveitamento

Teleformación

17.4.2024

7.5.2024

13.5.2024

17.00 horas

Imposto sobre a renda das persoas físicas

50

25

Aproveitamento

Teleformación

2.5.2024

22.5.2024

27.5.2024

17.00 horas

Introdución ás novas ferramentas de Big Data para a análise de datos

20

30

Aproveitamento

Mixto
Presencial + Telepresenza

Do 14.5.2024 ao 26.6.2024

Sesións presenciais: 14, 21 e 28 de maio, das 11.00 ás 13.00 horas; 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de xuño das 12.00 ás 14.00 horas.

Sesións de telepresenza: 16, 23, 29 e 30 de maio, das 11.00 ás 13.00 horas

26.6.2024

13.30 horas

Lei xeral orzamentaria

50

25

Aproveitamento

Teleformación

16.4.2024

10.5.2024

15.5.2024

17.00 horas

Lei xeral tributaria: aspectos básicos

50

25

Aproveitamento

Teleformación

8.4.2024

30.4.2024

6.5.2024

18.00 horas

Nocións básicas dos procedementos da Lei xeral tributaria

50

30

Aproveitamento

Teleformación

6.5.2024

2.6.2024

6.6.2024

17.00 horas

Normas básicas do procedemento revisor da Administración tributaria

50

30

Aproveitamento

Teleformación

2.4.2024

29.4.2024

3.5.2024

17.00 horas

O dereito da competencia e a protección dos consumidores

50

30

Aproveitamento

Teleformación

29.4.2024

27.5.2024

31.5.2024

17.00 horas

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo

50

25

Aproveitamento

Teleformación

22.4.2024

16.5.2024

22.5.2024

17.00 horas

Procedemento inspector tributario

50

30

Aproveitamento

Teleformación

20.5.2024

14.6.2024

19.6.2024

17.00 horas

Procedemento tributario

50

25

Aproveitamento

Teleformación

3.6.2024

27.6.2024

2.7.2024

17.00 horas

Retos públicos en materia económica

50

25

Aproveitamento

Teleformación

27.5.2024

21.6.2024

27.6.2024

17.00 horas

Seguimento e avaliación do Plan estratéxico de Galicia

40

14

Aproveitamento

Mixto
Teleformación + Telepresenza

Do 15.4.2024 ao 10.5.2024

Sesións de telepresenza: 17, 24 e 30 de abril das 16.30 ás 18.30 horas

15.5.2024

18.00 horas

Tratamento avanzado da información estatística empregando o software libre R

50

30

Aproveitamento

Teleformación

2.5.2024

31.5.2024

5.6.2024

17.30 horas

Temas:Administración pública, Administración local, Economía gallega
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido