Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 8,5 M€ a infraestruturas de carácter estratéxico coa nova convocatoria de axudas do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación21/04/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Ao abeiro desta medida, finánciase ata o 50% do importe dos proxectos municipais, cun límite de 700.000 euros
Detalles contenido
A Xunta destina 8,5 M€ a infraestruturas de carácter estratéxico coa nova convocatoria de axudas do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local Ao abeiro desta medida, finánciase ata o 50% do importe dos proxectos municipais, cun límite de 700.000 euros
21/04/2025|Xunta de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe Carballo para coñecer a reforma prevista no Pazo da Cultura co apoio da Xunta cunha achega de 285.400 euros, a metade do investimento total de máis de 570.800 euros. Este proxecto é un dos 20 beneficiarios da convocatoria do ano pasado das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local (FCL) destinadas a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico por 8,5 millóns de euros.

Tal e como confirmou Diego Calvo, a Xunta mantén o compromiso cos concellos con esta liña e, hoxe mesmo, publícase no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria por unha contía similar ao do ano pasado. Cada proxecto estratéxico deberá ter un orzamento mínimo de 500.000 euros e a Xunta financiará un importe máximo por cada un deles do 50% do orzamento ou do custo final e cun límite máximo de 700.000 euros.  

A reforma do Pazo da Cultura que se vai levar a cabo en Carballo permitirá dotar o edificio de mellores condicións para as persoas usuarias. Trátase dun espazo que se destina a diversos usos como cultural, docente, recreativo e administrativo, xa que entre os seus espazos se inclúe un auditorio, un salón de actos, unha zona de exposicións, unha aula de teatro, o conservatorio municipal de música, a escola de idiomas, a oficina de cultura do concello ou cafetería. A actuación financiada abarca melloras no illamento ou na accesibilidade coa renovación do ascensor. Tamén se fará unha redistribución das plantas, solucionaranse problemas de humidades e renovaranse as instalacións de electricidade e iluminación.

Segundo explicou o conselleiro de Presidencia, no marco desta medida, na nova convocatoria publicada hoxe considéranse estratéxicos os proxectos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e que teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal.

Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito local ou comarcal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial da zona, así como os que desenvolvan investimentos en infraestruturas previstos nun plan estratéxico aprobado pola entidade local.

Ademais, inclúense como estratéxicos os proxectos de investimento para a conexión, a reorganización, o agrupamento ou a centralización de edificios destinados á prestación de diversos servizos municipais que teñan como finalidade a mellora do funcionamento administrativo e do acceso á cidadanía á realización de distintos trámites, que funcionen como espazos de encontro e interacción social ou que actúen como eixos para un modelo sustentable de mobilidade urbana.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde mañá e deberá realizarse de maneira obrigatoria por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal).

Na visita de hoxe, o conselleiro de Presidencia destacou a importancia desta orde para apostar por proxectos que transcenden o ámbito municipal e que contribúen a fomentar a economía e a industria dos concellos galegos e a transformar de maneira transversal outros ámbitos como a cultura, como neste caso en Carballo, a sociedade, o turismo, o deporte ou o medio ambiente.

Máis de 32 M€ en case 700 actuacións

A Xunta mantén o compromiso cos concellos galegos e só o ano pasado distribuíronse máis de 32 millóns de euros para a execución de case 700 proxectos municipais mediante as liñas de axudas específicas, como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de axudas de eficiencia enerxética cofinanciada con fondos Feder ou esta liña dirixida a proxectos estratéxicos. Dos 313 concellos galegos, 303 (o 97%) recibiron algunha axuda e dos 303 solicitantes, 292 (o 93%) recibiu subvención.

Neste 2025 os municipios verán incrementado o apoio que supón o Fondo de Cooperación Local, que ascenderá ata  os 168 millóns de euros -co fondo base e o adicional-, 10 millóns máis que neste exercicio, un 6,3% por riba da suba media das contas autonómicas. Ademais, o fondo base do FCL incrementarase en 5,4 millóns de euros, que se repartirán entre os concellos de menos de 15.000 habitantes, que son os que teñen menos ingresos, os que máis dependen das transferencias doutras administracións e os que teñen menos capacidade de aforro.

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido