Ficha biblioteca

Noticia A Xunta convoca a primeira edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación07/07/2025 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Bibliotecas Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Diríxese a concellos integrados na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia en dúas categorías: unha, ata 10.000 habitantes e outra, cunha poboación superior
Detalles contenido
A Xunta convoca a primeira edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’ Diríxese a concellos integrados na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia en dúas categorías: unha, ata 10.000 habitantes e outra, cunha poboación superior
07/07/2025|DOG

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de convocar a primeira edición do certame Bibliotecas que inspiran, co que se pretende dar continuidade ao Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia, que leva xa sete edicións, recoñecendo os proxectos desenvolvidos polas bibliotecas municipais para o fomento da lectura e das competencias dixitais da cidadanía.

O galardón, ao que poden concorrer os concellos que sexan titulares de equipamentos integrados na Rede de Bibliotecas Públicas da Xunta, ten como obxectivo impulsar e visibilizar as propostas de boas prácticas de xestión bibliotecaria, redundar nun mellor servizo á cidadadanía e promover e dinamizar a lectura e o acceso á cultura.

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, establécense dúas categorías, dotadas cada unha delas cun premio de 3.000€, en función da poboación do concelllo onde se asente a biblioteca: unha para as entidades locais cunha poboación de ata 10.000 habitantes e outra para municipios que superen esta cifra. Desta maneira, preténdese favorecer a participación de pequenas bibliotecas que, por contar con recursos máis limitados, puideran atopar dificultades para presentarse xunto con grandes centros.

Prazo ata o 4 de agosto

O prazo de presentación para optar ao certame remata o 4 de agosto e cada entidade local poderá concorrer cun máximo de dous proxectos ou boas prácticas postas en marcha por bibliotecas ou axencias de lectura da súa titularidade.

As propostas terán que estar xa executadas e relacionadas co fomento da lectura, especialmente entre as persoas con maiores dificultades de acceso ou con menor hábito lector, coa aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de competencias dixitais, a cohesión social e a participación cidadá, a posta en funcionamento de novos servizos ou a redefinición dos existentes e a difusión do funcionamento da biblioteca. Así como tamén se relacionan coa recuperación, preservación e divulgación da produción cultural de interese para Galicia, especialmente do ámbito local.

Temas:Administración local, Bibliotecas
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido