Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina máis de 8 M€ a axudar aos concellos no desenvolvemento de Programas de Inclusión Social
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación23/07/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A orde de achegas para o período 2025-27 incrementa o seu orzamento nun 5,6 % para financiar medidas de inserción laboral, programas de educación e apoio familiar e de atención a persoas sen fogar, entre outros
Detalles contenido
A Xunta destina máis de 8 M€ a axudar aos concellos no desenvolvemento de Programas de Inclusión Social A orde de achegas para o período 2025-27 incrementa o seu orzamento nun 5,6 % para financiar medidas de inserción laboral, programas de educación e apoio familiar e de atención a persoas sen fogar, entre outros
23/07/2025|Xunta de Galicia

— No último exercicio, preto de 60 concellos beneficiáronse desta liña de axudas, o que lles permitiu financiar máis de 200 proxectos

O Consello da Xunta vén de aprobar hoxe a orde de axudas destinadas aos concellos para que poidan desenvolver programas de inclusión sociolaboral orientados á poboación xitana, inmigrante e a outras persoas que se atopen en risco de exclusión. Deste xeito, o Goberno galego pon á disposición das administracións locais máis de 8 millóns de euros para o período 2025-2027, o que supón un incremento dun 5,6 % respecto á anterior convocatoria (2023-2025), que tivo un orzamento de 7,6 millóns. A convocatoria está cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027.

A través destas partidas, os concellos e as mancomunidades poderán financiar actividades cos seguintes obxectivos: a adquisición de formación básica ou laboral adaptada ás necesidades dos destinatarios; a realización de actuacións de mediación intercultural ou de carácter residencial, así como para a materialización de programas de educación e apoio familiar. Tamén se mantén o programa específico de prestacións para a atención das persoas sen fogar.

Na convocatoria, os programas distribúense en 5 liñas de actuación, dirixidas a persoas en situación de exclusión social, poboación xitana, poboación inmigrante, persoas sen fogar e programas de educación e apoio familiar. O prazo para formalizar os programas subvencionados mantense nos dous anos, co obxectivo de que os proxectos ofertados teñan unha maior seguridade e estabilidade financeira. No último exercicio, preto de 60 concellos beneficiáronse desta liña de axudas, o que lles permitiu financiar máis de 200 proxectos. O importe máximo de axuda para cada liña é de 175.000€.

Esta liña de axudas enmárcase na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030, que fai fincapé na importancia das medidas orientadas á inclusión social das persoas usuarias dos servizos sociais comunitarios. 

Temas:Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido