Ficha biblioteca

Noticia Fabiola García avanza que a Xunta colaborará coa Fegamp na elaboración dun protocolo de protección para o persoal do servizo de axuda no fogar
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación31/07/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias ColectivosEntidades locales, Otras administraciones OrganizacionesXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A conselleira de Política Social e Igualdade mostra o seu apoio á proposta do vicepresidente primeiro da Fegamp de que se redacte un protocolo con criterios comúns ante posibles cuestións derivadas do exercicio da actividade laboral
Detalles contenido
Fabiola García avanza que a Xunta colaborará coa Fegamp na elaboración dun protocolo de protección para o persoal do servizo de axuda no fogar A conselleira de Política Social e Igualdade mostra o seu apoio á proposta do vicepresidente primeiro da Fegamp de que se redacte un protocolo con criterios comúns ante posibles cuestións derivadas do exercicio da actividade laboral
31/07/2025|Xunta de Galicia
  • Reitera a máis firme condena da Xunta ante o acontecido no Porriño e volve instar ás traballadoras do SAF a que denuncien calquera situación de acoso

 

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou esta mañá, nunha entrevista na Radio Galega,  que a Xunta apoia a creación dun protocolo no marco da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a protección do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e anunciou que a Xunta colaborará en todo o posible para garantir a seguridade destas traballadoras.

Na súa intervención, a conselleira mostrou o seu apoio á proposta do vicepresidente primeiro da Fegamp, o representante do grupo popular ángel Moldes, de que se redacte un protocolo con criterios comúns e estratexias de actuación ante posibles cuestións derivadas do exercicio da actividade laboral. O obxectivo sería dotar desta ferramenta aos concellos, que son os encargados de prestar un servizo que reciben diariamente nos seus domicilios máis de 24.000 dependentes galegos.

Sobre o caso acontecido no Porriño, a conselleira reiterou a máis firme condena da Xunta ante o sucedido e instou ás traballadoras do SAF a que denuncien calquera situación de acoso ante os concellos ou ante as forzas e corpos de seguridade do Estado. Ademais, lembrou que o Goberno galego está en contacto desde o primeiro momento co Concello do Porriño para garantir a atención necesaria á persoa en situación de dependencia, que se atopa recibindo atención e coidados nun centro residencial.

En relación á atención á dependencia, a conselleira de Política Social insistiu en que o obxectivo da Xunta é garantir a axeitada atención a todas as persoas dependentes e puxo en valor o Plan de Choque impulsado en xaneiro e que está permitindo axilizar os trámites. Ademais, destacou a aposta orzamentaria da Xunta en materia de dependencia e lamentou que o Goberno central non cumpra co disposto na Lei de Dependencia e continúe sen achegar o 50% do financiamento, o que eleva a débeda con Galicia a máis de 2.500M€.

Temas:Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Entidades locales, Otras administraciones
Organizaciones:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido