Ficha biblioteca

Noticia Manuel Pardo pon en valor as axudas de preto de 1,5 M€ da xunta para mellorar a eficiencia enerxética de 15 concellos da provincia
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación12/08/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Territorio, vivienda y transporte, Infraestructuras Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O delegado territorial supervisou as obras no edificio municipal nas que Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes inviste preto de 115.000 euros
Detalles contenido
Manuel Pardo pon en valor as axudas de preto de 1,5 M€ da xunta para mellorar a eficiencia enerxética de 15 concellos da provincia O delegado territorial supervisou as obras no edificio municipal nas que Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes inviste preto de 115.000 euros
11/08/2025|Xunta de Galicia
  • Manuel Pardo explicou que a través desta liña de axudas fináncianse obras de mellora das envolventes térmicas, illamentos en cubertas e fachadas, e a instalación de carpinterías exteriores ou acristalamentos con boas características térmicas
  • Con esta iniciativa - aclarou o representante do Goberno galego- preténdese impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos e así favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, puxo en valor as axudas do Goberno galego de preto de 1,5 M€ a 15 concellos da provincia de Ourense para obras de eficiencia enerxética nas infraestruturas vinculadas a servizos municipais.

Así o fixo esta mañá na súa visita ao concello de Baños de Molgas, onde, acompañado do  alcalde, Manuel ángel Fernández, supervisou as obras de mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio que acolle o Centro de Saúde e Protección Civil, nas que Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes inviste máis de 115.000 euros, repartidos en dúas anualidades (2024/2025), cofinanciados con fondos Feder.

Deste xeito, estase a traballar na mellora da envolvente térmica, na substitución das carpinterías actuais de aluminio compostas por vidro, na instalación máis eficiente no interior do edificio e na mellora do sistema de climatización e calefacción do edificio.

O delegado territorial explicou que a medida diríxese aos concellos de menos de 30.000 habitantes e permitirá cubrir ata o 80 % dos gastos de melloras en illamento, iluminación interior e climatización cun límite de 120.000 euros. Na provincia de Ourense foron beneficiarios os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Boborás, O Bolo, Carballeda de Avia, Coles, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Petín, Sandiás, A Veiga e Vilar de Barrio.

Así, segundo Manuel Pardo, fináncianse obras de mellora das envolventes térmicas, illamentos en cubertas e fachadas, e a instalación de carpinterías exteriores ou acristalamentos con boas características térmicas. Tamén son subvencionables as obras para contar con iluminación eficiente no interior dos edificios, así como para a colocación de sistemas de control e regulación da iluminación artificial, da intensidade e o acendido. Outra das melloras refírese á sistemas de climatización e calefacción, que poderán incluír fontes de enerxía renovable. O importe da actuación debe oscilar entre os 60.000 e os 150.000 euros.

O delegado territorial sinalou que o obxectivo de apoiar proxectos coma este é contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático, en liña coa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027. Búscase tamén facilitarlles aos concellos galegos o aforro enerxético e económico, así como a mellora ambiental e do confort do persoal e da cidadanía usuaria dos servizos municipais. A través da medida impúlsase ademais a reactivación económica dos sectores implicados nas obras e refórzase o efecto exemplarizante das actuacións da Administración.

Con esta iniciativa -aclarou Manuel Pardo- preténdese impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos, como entidades máis próximas á cidadanía e motores do desenvolvemento económico, e así favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano a prol dunhas óptimas condicións de vida con independencia do lugar de residencia.

Temas:Administración pública, Territorio, vivienda y transporte, Infraestructuras
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido